A Concellaría de Cultura e Festas do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Tere Pérez, vai poñer en marcha un ano máis a programación de verán que desembocará nas Festas do Cristo, e que a Concelleira presentou esta mañá acompañada do Alcalde, Marcos Besada. Nun ano extremadamente complexo polas dificultades económicas, a Concelleira amósase moi agradecida coas diferentes asociacións do municipio que ano tras ano se ofrecen a subirse ao escenario para amosar os traballos realizados nos diferentes locais culturais das parroquias, e que permiten que se siga mantendo unha programación diaria que se extende ao longo de máis de duas semanas. Salceda encherase así un ano máis de música, baile, cine, xogos e, sobre todo, moita festa e diversión para tódalas idades e para tódolos públicos.
O Verán Cultural arrinca este venres 30 de xuño e o pistoletazo de partida corre a cargo da Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA), que por terceiro ano organizan a Feira Medieval (30 de xuño, 1 e 2 de xullo).
No ciclo hai citas que non poden faltar, como o certame de bandas de música que este ano celebra a súa vixésimo sexta edición, o festival folclórico que este ano conta con un grupo convidado chegado dende Alicante, ou o día da infancia, que ano a ano acollen a numeroso público tanto de Salceda como dos arredores. Destacan este ano as actividades dirixidas ao público familiar, tendo en conta que estamos a falar dun dos Concellos con maior taxa de natalidade de Galiza. Así, como novidade preséntase este ano unha novidosa actividade de creación de mandalas con áreas de cores, que se vai levar a cabo o venres 7 na Praza do Concello, e que se presente con moitas expectativas sobre todo polo descoñecemento deste tipo de arte que sen dúbida non deixará indiferente a ninguén. Outra das premisas é a variedade de espazos nos que se van desenvolver os actos: O Parque Raíña Aragonta, o Parque da Gándara, a Casa da Cultura Castelao e, por suposto, a Praza do Concello. Cun orzamento aproximado de 40.000 € a programación extenderase dende o venres 30 de xuño ata o luns 17 de xullo en que rematan as Festas do Cristo.
Por outra banda a Concelleira destacou os actos que serven para homenaxear a diferentes persoas e colectivos de Salceda, como o estourazo ou o Acto Cívico dos Salcedenses Distinguidos, que se celebran o sábado e domingo das Festas do Cristo.
Tere Pérez, Concelleira de Cultura, lamentou a falta de apoio doutras administracións ás actividades culturais realizadas dende os Concellos, nun momento máis delicado que nunca: “non queremos que a xente se quede sen festas, problemas xa hai abondo como para non poder ter uns días de diversión. Dende a Concellaría de Cultura téntase ofrecer un programa variado e para tódolos públicos, convidando a tódolos salcedenses a participar dos actos e a pasar uns bos días entre amigos e familiares”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, aproveitou para convidar a salcedenses e foráneos a coñecer os espazos naturais de Salceda, nomeadamente as sendas polo Río Caselas que tan boa acollida están a ter por todos e todas, disfrutando así duns días de ocio e festa.
PROGRAMACIÓN:
De venres, 30 a domingo, 2
Feira medieval (Consultar programación). Praza do Concello
Martes, 4
22:30 Grupo de acordeóns Árgonat Band. Praza do Concello
Mércores,5
18:00 Día da infancia: hinchables, xogos… Parque da Gándara
23:00 Grupo de corda Son do Val. Praza do Concello
Xoves, 6
18:30 Ler conta moito: “Mergullámonos?” (dirixido a nenos e nenas de 3 a 9 anos). Casa da Cultura Castelao
23:00 Cine na Rúa en familia: “Angry birds”. Praza do Concello
Venres, 7
20:00 Actividade en familia. Arte na rúa: Mandalas de area. Praza do Concello.
Sábado, 8
XIV Rally SURCO (Consultar programación)
21:30 XXVI Certame de bandas de música. Patio traseiro do CEP Altamira
Banda da Escola de Música de Rianxo // Banda Musical Lanhelense (Caminha) // Banda Cultural de Salceda
Domingo, 9
19:00 Roteiro teatralizado: “As nosas rúas teñen historia”. Saída da Praza da Devesa.
Inscricións en medioambiente@salcedadecaselas.es
22:30 Festival folk: “Contradición” e “Donicelas”. Parque Raíña Aragonta
Luns, 10
22:30 Grupo de playback do Centro Cultural de San Xurxo. Praza do Concello
Martes, 11
18:00 Festa da espuma. Praza do Concello
22:30 Grupo de playback do Centro Cultural O Borralliño (Soutelo). Parque Raíña Aragonta
Mércores, 12
18:00 Xogos populares (Organiza: Deputación de Pontevedra). Parque da Gándara
22:30 Grupo de playback da Agrupación Cultural Xunco (Parderrubias). Praza do Concello
Xoves, 13
22:30 Exhibición baile de salón: Patricia Martínez (14 veces campiona de España) e o seu alumnado. Parque Raíña Aragonta
23:00 Master class de zumba. Margarida Rodrigues / Niko Afonso. Parque Raíña Aragonta
Venres, 14
21:30 O Coliño Bailongo. Parque Raíña Aragonta
22:00 Festival folclórico. Parque Raíña Aragonta
Colla dolçaina (Sant Vicent del Raspeig – Alicante) // Grupo de gaitas Airiños do Caselas //
Grupo Folclórico Xunco // Grupo Folclórico Castro Barreiro
23:59 IV Festival “Vaia Cristo”. Recinto do antigo matadoiro (Senda do Río Landres). Coorganiza: ACDE Treze Catorze
Os Vacalouras // The Lácazans
Sábado, 15
16:00 Actividades de kaiak polo e slalom. Piscina Municipal.
20:00 V Desfile da Agrupación Gaiteira de Salceda polas rúas da Esfarrapada
22:00 VIII Estourazo de inicio das festas. Praza do Concello
23:00 Verbena coa orquestra Solara e o grupo Batemento
Domingo, 16
12:00 VI Acto cívico de homenaxe a Salcedenses Distinguidos/as
12:30 Misa cantada pola Coral Polifónica de Santa María de Salceda
13:30 e 21:00 Concertos da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
22:00 Verbena coa orquestra La Dimensión e o grupo D´Líder
Luns, 17
21:00 Master class de zumba. Instructora: Noelia Rodríguez. Praza do Concello
22:30 Verbena coas orquestras Atlanta e Graffiti.