Para poder combatir a forte presencia da poboación da Vespa Velutina, no Concello de Salceda están a traballar diferentes grupos de interese, apicultores da zona, membros de protección civil, e o Concello de Salceda de Caselas.
Comunidades de Montes, do Concello de Salceda de Caselas, tamén están a traballar na colocación de trampas, sendo o concello o que lles está a proporcionar o atraínte para a colocación das trampas.
Estos grupos crean unha forte sinerxia, que permitiu o ano pasado desactivar 120 niños de Vespa velutina, e a actual colocación de trampas con atraínte, en árbores de flor . Calquer persoa pode participar nesta loita contra a Vespa velutina, e axudar, colocando trampeo nesta época, en camelios, plantas en flor, salgueiros, etc.
Para elo poden porse en contacto co concello coa Concellaría de Medioambiente, e solicitar o líquido atraínte, polo momento, xa se están achegando particulares que van a axudar na loita contra esta praga, e calquer persoa pode participar no dispositivo de desactivación de niños que vamos a formar para a eliminación dos mesmos neste verán.
Unha forte praga que temos que frenar entre todos, a cobertura da Xunta é moi insuficiente, e se queremos controlar esta poboación, teremos que actuar entre todos.