Espazos naturais

   

 

 

Pechar Mapa de Espazos naturais de Salceda

Sendeiro das Greas Rota dos Montes de San Cibrán GR-58 GR-58.4 SENDEIRO DAS GREAS Senda de Arantei Senda de Entenza Senda do Landres Senda do Río Caselas Senda dos Humidais CARBALLEIRA DE A LAXE CARBALLEIRA DE XABARÍS ZONA DE SETE CAMIÑOS SOBREIRAS DA ASCENSIÓN ESPAZO ETNOGRÁFICO DE CABREIRA MUÍÑO DO PANTEL RUBINDO, PARQUE ETNOGRÁFICO FONTE-MUÍÑOS DO REGUEIRO GÁNDARAS DE BUDIÑO (ZEC, ZEPVN, Rede Natura 2000) RÍO LANDRES CHAN DE CASELAS SANCIBRÁN POZA DO CABALO ALTO DE PADRÁN COTO DA CRUZ PENEDO DA CRUZ ÁREA RECREATIVA DOS AGOEIROS PENEDO DE ABEIRÓ ÁREA RECREATIVA DAS COVAS ÁREA RECREATIVA DE CURUXEIRAS AS CONFORCADAS FARO DE BUDIÑO E MONTES DE SAN CIBRÁN ÁREA RECREATIVA DO RUBAL ÁREA RECREATIVA DO PENEDO REDONDO O BORRALLIÑO ESPICHO DO FARO PENEDO DA CERDEIRIÑA MONTE AS PENIZAS ÁREA RECREATIVA DO MANTEIRO O COTELLO CHAN DA IGREXA, SAN TOMÉ RIBEIRA DAS LAMAS, REGATO DE LAGOELA MUIÑOS DO REGUEIRO DO SILVAL CARBALLEIRA DE BUDIÑO MUÍÑOS DO BACÓN ESPAZO NATURAL DE PONTE CARNEIRO REGATO DA FRAGA FONTE FERREIRA FONTE DA PEDRA FONTE DAS CARBALLAS FONTE DE AGÜÍN FONTE DOS GATOS

Pechar

1 CARBALLEIRA DE A LAXE

carballeira_da_laxe_2carballeira_da_laxe_1

Fermosa formación de Carballos centenarios sita na parroquia de San Xurxo, no barrio de A Laxe (Lat. 42º 6′ 50,95”; Lonx. 8º 33′ 30,68” O). Forma parte dun recinto propiedade dos veciños de San Xurxo, pero a zona destinada a área recreativa ocupa arredor de 3300 m2, o núcleo de carballos tamén se estende cara ao río e ocupa uns 5700 m2, sendo estes últimos privados.

A zona está destinada a área de lecer, dotada de mesas de pedra, asadeiros, randeeiras, e unha fonte feita man a man polos veciños de A Laxe, todo cercado por un balaústre de madeira. No interior atópase o conxunto, que está formado por 21 Carballos centenarios de gran porte, pois o perímetro dos troncos é de 2,20 m de media e o que aparenta ser mais alto supera os 20 m. Entre estes monumentos podemos atopar un único Cerquiño ou Rebolo, posiblemente sexa o máis lonxevo de Salceda de Caselas. Os troncos centenarios destas árbores, todas elas de singular beleza, albergan toda clase de vida, onde destaca a presenza do escornabois ou vacalouras, para os que a madeira morta dos carballos é de vital importancia para estes coleópteros. Tampouco é raro atopar nesta carballeira fungos micorricicos asociados ás árbores como fungos do xénero Boletus, moi interesantes na micogastronomía ou os temidos Cortinarius orellanus Fr. e Amanita da morte, que a pesar do perigo que supón a súa inxestión, estas asociacións son moi importantes para o equilibrio natural da carballeira. Tamén atopamos fungos encargados de reciclar os restos de materia orgánica do medio, como as zarrotas ou o pé azul. Por suposto, nos troncos cavernosos e tortuosos destes carballos tan antigos, tamén aparecen fungos parasitos típicos de frondosas como o fígado de boi.

Ao este da carballeira, estrada arriba, atópase o espazo de Curuxeiras, onde está o campo de fútbol co mesmo nome. Ao redor, domina carballeira_da_laxe_3o bosque mixto de piñeiro e eucalipto pero se baixamos cara a carballeira observamos unha interesante paisaxe composta por prominentes formacións graníticas (Laxes) que lle dan nome ao barrio. Estes monumentos pétreos, combinados coas depresións formadas polo curso da auga de fontes como a do Pozón ou numerosas minas, crean uns ambientes húmidos onde conviven carballos, salgueiros e loureiros, onde é habitual atopar gran variedade de fieitos e musgos do xénero Sphagnum ou Polytrichium. Este tipo de ambiente é o ideal para anfibios como a píntega, que sofre numerosos atropelos na estrada en época de cría ou o sapo comadrón ibérico nas zonas onde o granito está en avanzado proceso de descomposición e se atopa en forma de terra de xabre.

2 CARBALLEIRA DE XABARÍS

carballeira_xabaris_carballeira_xabaris_ (1)

A súa importancia vén derivada da presenza dunha carballeira cos carballos de maior lonxevidade do Concello e que se atopan en bo estado de vigorosidade con idades superiores a 100 anos, dos cales o de maior idade, de 220 anos, é probablemente o segundo carballo máis lonxevo do concello precedido polo de San Bieito sito no Pazo de Pegullal. (Lat.  42° 6’50.65″N, Lonx.   8°32’48.22″).

O espazo consta de elementos que o confiren como área de lecer con mesas e bancos de pedra, dispostos sobre tres terrazas expostas ante unha elevada pendente do terreo, entre o que podemos destacar especies que cohabitan como a xilbardeira, acivro, cipreses, queirogas e rubideiras que percorren gran parte do solo.

Nas súas proximidades sitúanse o lavadoiro e fonte de Xabarís que están separados pola estrada provincial da Deputación, e que forman parte do entorno situado nas proximidades do Pazo de Avalle, e que se sitúan na outra marxe da estrada por un complexo formado por unha fonte que data do ano 1912 e o lavadoiro, así como os restos do muíño Carallou. O regato que pasa pola zona é o Ameixoa, que alberga especies de flora como amieiros e salgueiros e de fauna como a ra patilonga e o limpafontes común.

Por este espazo transcorre o sendeiro de gran percorrido GR-58.

3 ZONA DE SETE CAMIÑOS

sete_caminhos_1

No límite con Budiño (Porriño) e Parderrubias (Salceda de Caselas) (Lat.  42° 6’6.68″N, Lonx. 8°35’6.78″O), nas inmediacións do Penedo Redondo e o cemiterio de Parderrubias, atopamos un espazo mitificado a través de diversas lendas nas que se teñen reproducido ritos de diversa índole no centro da unión dos 7 camiños, marcado polas profecías.

O especial interese deste espazo tradúcese na existencia de Succisa pinnatifida, unha especie incluída no catálogo do libro Vermello de especies en perigo de extinción e que ten unha poboación relevante. A importancia desta especie é que só se atopa en tres puntos do espazo galego, polo que a súa presenza é moi importante para tela en conta e preservala.

A especie dominante a nivel arbóreo é o piñeiro rubio nuns rodais de estado bastío e fustal, acompañado por vexetación de mato e de gramíneas nas zonas de maior cobertura arbórea.

4 SOBREIRAS DA ASCENSIÓN

Sobreiras_da_ascension_3Sobreiras_da_ascension_1   Sobreiras_da_ascension_4Sobreiras_da_ascension_2

Na parroquia de Entenza, no barrio da Ascensión, a 105 metros de altitude, atopamos unha capela bautizada co mesmo nome (Lat. 42º 4′ 33,98” N, Lonx. 8º 33′ 59,56” O). Ao redor dela levántase una espectacular formación de sobreiras. O conxunto está formado por 5 árbores pero sen dúbida hai que destacar as dúas que se atopan no lado sueste da capela, non en van foi proposta para o catálogo de árbores senlleiras de Galicia pola A.C.D.E. Trezecatorze, de Salceda de Caselas.

O recinto está formado por un palco situado no noroeste, cun pequeno torreiro pavimentado na fronte, unha zona con asadeiros e mesas de pedra e a zona principal, que é a da Capela da Asunción rodeada polas sobreiras. A máis grande, que ten 7 metros de diámetro na base e seis á altura do peito, acada unha altitude de 14 metros e a copa é de aproximadamente oito metros de diámetro. A idade estimada destas árbores é de 400 anos. Ademais das sobreiras, completan o catálogo arbóreo da zona un par de plátanos de sombra, unha acacia preta e unha vella cerdeira. Como valor natural engadido, e asociado ás Sobreiras, frutifica un interesante fungo, a cicuta branca variedade decipiens, unha variedade ata o momento inédita en Galicia.

Ademais do valor ecolóxico destas árbores, dado o seu gran tamaño e espectacular porte, hai que destacar o seu valor histórico, pois posiblemente as sobreiras foran plantadas na época en que se construíu a capela alá polo 1604. Ademais, hai datos que recollen que nesas terras estiveron asentadas as tropas españolas na guerra da Independencia (1808-1814), comandadas polo Abade de Couto, Don Mauricio Troncoso de Lira, para arrebatarlle a praza de Tui aos franceses.

5 ESPAZO ETNOGRÁFICO DE CABREIRA

cabreira_1 cabreira_2

No transcurso do paso do río Caselas a través da parroquia de Cabreira (Salvaterra de Miño) segue o seu curso pola área recreativa próxima ao Centro Cultural Xerme de coordenadas (42º5`45.76”N, 8º32´54.75”O) , no barrio do Río. Este espazo conecta a Senda fluvial do Río Caselas na zona de As Regadas e está formado por unha área que conta co edificio do Centro Cultural Xerme, un campo de fútbol asfaltado, área de parque infantil xunto co espazo natural determinado polo río que conta cunha ponte asfaltada que conecta co barrio da Serra (Salceda de Caselas).

O espazo conta co ensanche da canle do río que antigamente se pechaba a través dunha comporta na época do verán e servía como sistema de regadío e goce ao ser considerada como unha área fluvial.

Conta cunha área recreativa na marxe do río cun equipamento de asadeiros, mesas e bancos baixo unha cuberta formada por especies como salgueiros, amieiros, plátanos, alerces, carballos, sabugueiros, falsa acacia, acacia negra, piñeiros, castiñeiros, castiñeiro de Indias, ciprés de Lawson, que conforma un dosel arbóreo pechado e proporciona sombra a área.

Esta área está situada nas proximidades do Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón situado coa Senda Fluvial do Río Landres que leva por nome Francisco Esté

vez.

6 MUÍÑO DO PANTEL

muinho_de_pantel_3 muinho_de_pantel_2 muinho_de_pantel_1

Na parroquia de Parderrubias, na zona da Revolta, atópase o Muíño e a fonte do Pantel (Lat. 42° 5’7.30″N, Long. 8°35’8.64″O).

O Muíño do Pantel inicia unha área de bosque de ripisilva que bordea ao regato de Fonte Ferreira e se estende ao longo da parroquia de Soutelo.

O muíño está alimentado por unha característica poza feita con pastas de granito, ambos enlazados por unha canle tamén de pedra toda recuberta de musgo. A fonte está ao lado do muíño.

Na zona destacamos a cor verde, constante todo o ano, xa que é un lugar sombrío e húmido, onde proliferan todo tipo de musgos que recobren os troncos das árbores, as pedras ou o solo. A vexetación predominante coincide cun bosque de ribeira, amieiros, salgueiros, carballo, a pesar de poder ver outros como unha figueira que nace pegada ao muíño. Tamén son moi comúns os fieitos, máis abundantes no curso do regato que cruza este espazo e no que forma a auga que emana da fonte.

7A RUBINDO, PARQUE ETNOGRÁFICO FONTE-MUÍÑOS DO REGUEIRO

rubindo_2rubindo_1

Este espazo está situado en San Esteban de Budiño (Latitude 42° 5’25.87″N, Lonxitude  8°36’46.41″O) e segue o curso do regato denominado Meixía ou Loureiro.

Pártese dunha area de lecer, recentemente acondicionada, con fonte, mesas de pedra e fermosas canles de pedra para guiar a auga, poboada con carballo dos pantanos. Regato abaixo imos atopando tres muíños graduados, tamén recuperados, ata chegar a un salto de auga que sobre todo en épocas de chuvia deixa unha fermosa estampa.

A vexetación potencial do paseo correspóndese con bosque atlántico húmido, carballo, loureiro, mesturado con vexetación de ribeira, amieiros, salgueiro e a medida que se vai baixando a paisaxe vai tomando aspecto de Gándara coa presenza de pastos con solos moi húmidos, encharcadizos e incluso algún chopo, ou bosque pantanoso de salgueiros, hai que lembrar a proximidade do ZEC, Gándaras de Budiño desta zona.

A presenza de auga corrente, no regato, e estancada nunha pequena poza na zona de lecer, fai que sexa un sitio ideal para fauna acuática, odonatos, coleópteros acuáticos, anfibios, etc.

A vexetación da zona motiva o crecemento da comunidade fúnxica, coa presenza de carballos, cun amplo catálogo de fungos asociados ou árbores riparios que xa establecen micorrizas con especies máis específicas como o xénero Naucoria.

Nos antigos colexios habilitouse un centro de interpretación, e ademais forma parte da senda dos humidais organizada polo Concello de Salceda de Caselas http://salcedadecaselas.es/turismo/rutas/senda-dos-humidais/.

7B RÍO TINTO

O río Tinto ou Becerreira baña e recolle as augas de gran parte de Budiño (O Porriño) e da vertente oeste de Salceda de CaselaRIO_TINTO_1s. Poderíase dicir que nace en Budiño (O Porriño ), porque se forma coa unión de dous regatos, un nace na zona de o fondo de A Brava, xusto no límite de Budiño con Salceda e outro no propio Budiño no barrio de A Cruz (O Porriño). Aproximadamente un quilómetro no sentido do curso únese o regato do Pozo da Regadeira, que bordea o norte do faro de Budiño e atravesa o fermoso barrio de Vitureira. Tras pasar por terras de Budiño e a case dous quilómetros e medio se une río o Meixía ou Loureiro e apenas dous quilómetros río abaixo desemboca no Louro na parroquia de San Esteban de Budiño, xa en terras de Salceda e en plenas Gándaras de Budiño, polo que ten grande importancia no aporte hídrico da ZEC.

A vexetación que atopamos é a típica de ríos e regatos da zona, marcada pola composición do solo e o uso da terra. Preto do nacemento, en terras próximas ao faro de Budiño, atopamos comunidades de bosque mixto de piñeiro e eucalipto, con tímida presenza de salgueiro nas marxes. Mestúrase con afloramentos rochosos ou zonas de xabre. A maior parte dos tramos medio e baixo transcorren entre terras destinadas ao cultivo ou pasto, e onde o terreo se mostra con maiores desniveis ou saltos de altura desvíanse as augas para mover muíños. Ademais das árbores habituais de ambientes ripicolas como salgueiro e amieiro atopamos vexetación destinada ás propias labores do agro como os vimbios, ou as canas, estas últimas presentan un grave problema nos ecosistemas polo seu RIO_TINTO_3carácter invasor, ao igual que a falsa acacia ou piqueira, naturalizada e moi estendida en certos tramos do río. É sobre todo nestes tramos alto e medio, onde o río se encaixa nas depresións do terreo, que coa cuberta arbórea de bosque atlántico (carballo, loureiro etc.) forma ambientes moi sombríos, con gran floración de fentos e fentas ou musgos dos xéneros Sphagnum, Polytrichum, Leiocola, etc., que en ocasións forman pequenos saltos de augRIO_TINTO_2a que deixan fermosas fotografías, como a zona do lago das tartarugas no barrio da Cruz en Budiño.

Xa no último tramo, atópase co polígono industrial de “A Granxa”. Nesa zona, a terra é máis chaira, debido á depresión ancestral que creou o río Louro, e o solo arxiloso, polo que comezan a verse prados inundables, que se poden observar polos xuncos e salgueiros que se abren paso nas veigas que apenas se utilizan, e toman aspecto de gándara e intégranse deste xeito no LIC.

8 GÁNDARAS DE BUDIÑO (ZEC, ZEPVN, Rede Natura 2000)

As Gándaras de Budiño actualmente están declaradas coma ZEC (Zona de Especial Conservación; Decreto 37/2014, do 27 de marzo), figura de protección pertencente á Rede Natura 2000. Ocupan arredor de 727 ha dos solos de O Porriño, Tui e Salceda de Caselas.

Formáronse nunha depresión ancestral xerada polo río Louro, e nútrense mediante este e outras canles de auga, superficiais ou subterráneas, procedentes do val que conforman a serra do Galiñeiro e a dos Penedos do Faro de Budiño.

Dende Salceda tamgandaras_de_budinho_1én achegamos auga a este espazo. Estes fluxos hídricos son xestionados polas Gándaras e condicionan o funcionamento destas. Por mor de factores como a orografía, a natureza arxilosa do solo ou o distanciamento coa zona costeira gran parte da ZEC perdeu o carácter ombrotrófico para poder conservar ambientes permanentemente húmidos.

A mediados do século XX, os humidais foron destinados á gandería e á agricultura, polo que se podían executar estas labores grazas a sangras ou canles de drenaxe que cruzaban os campos e descendían o risco de asolagamento e deixaban terras chás e moi fértiles con vexetación típica de gándara.

Foi polos anos 60 cando comezou a expansión industrial na zona e cesaron as labores agropecuarias e con elas o mantemento das sangras, o que provocou a subida do nivel da auga e a proliferación de vexetación palustre.

Hoxe en día seguen conservando unha riqueza ecolóxica moi singular representada nos hábitats de interese comunitario que acolle (Directiva 92/43/CEE de Conservación dos Hábitats Naturais e da Fauna e a Flora Silvestres):

  • Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelia uniflorae).
  • Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
  • Breixeiras húmidas atlánticas de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix.
  • Depresións sobre sustratos turbosos de Rhynchosporion.
  • Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition.
  • Turbeiras de cobertura.

O Louro ao seu paso pola ZEC deixa verdadeiras xoias naturais como lagoas, principalmente representada pola lagoa de Budiño, onde habitan plantas características como o ambroíño ou a espiga de auga ou peixes coma o espiñento. Na actualidade debido ao proceso de colmataxe descendeu a profundidade da lagoa, de xeito que está a ser colonizada por espadanas, polo que poderían poñerse en perigo estas comunidades.gandaras_de_budinho_2

AMEAZAS:

O espazo protexido segue loitando contra unha serie de factores que o ameazan:

  • Fragmentación polo polígono industrial, autovías ou vías férreas.
  • Colmataxe das lagoas con sedimentos procedentes das canteiras de granito.
  • Vertidos incontrolados,
  • Presenza de especies exóticas, como o visón, sapoconcho americano ou a herba da Pampa. (Hai que lembrar que nestes medios habitan especies altamente adaptadas e as invasoras eliminan ou desprazan ás autóctonas a emprazamentos onde non chegan a sobrevivir).

HÁBITATS:

  • Naturais:
    • Bosques de ribeira: destaca o ameneiral de Albelos e o de Ponte Carneiro, tamén o bosque ripario da Ponte das Febres (Tui), acompañado de interesantes prados húmidos.
    • Turbeiras: son o hábitat mais representativo das Gándaras de Budiño. Como mellor exemplo destacan as turbeiras da Lagoa de Cerquido e turbeira de Albelos, con sotobosque maioritariamente de esfagnos e dentabrú.
    • Breixeiras húmidas, gándaras e brañas: espazos de transición entre as turbeiras e as comunidades arbóreas e arbustivas dominadas por carrouchas ou queirugas do xénero Erica. Tamén coñecidas como brañas, as máis representativas son a Braña da lagoa de Budiño, a Rega da Lama ou Braña do Arroio. Esta última foi seccionada pola autovía A-55 e ameazada polas especies vexetais invasoras e proliferación de piñeiros, pero aínda conta cunha poboación de Genista ancistrocarpa catalogada en perigo de extinción e cunha escasa distribución mundial.
    • Bosque pantanoso: salgueiros con solos cubertos por esfagnos.
    • Bosque típico atlántico húmido: fundamentalmente formado por  carballos e loureiros.
    • Bosques mixtos: comezan a dominar os piñeiros e eucaliptos cun sotobosque de matogueira de fento aguia e toxo.
  • Naturalizados:
    • Barreiras: as antigas explotacións de arxilas e caolíns deixaron pequenas lagoas artificiais que foron ocupadas por especies como o picapeixe ou o galápago europeo.

FLORA:

As Gándaras de Budiño deberon estar influenciadas polos ciclos de glaciacións do Cuaternario, pois consérvanse restos de flora paleártica propia de zonas alpinas (altitude de 2000 m.s.n.m) como a xunca do algodón, tabaco da montaña, espigas de auga, ou a orella de lebre.

Máis información en Inventario Flora dos Humidais

FAUNA.

As Gándaras de Budiño dan refuxio para un amplo catálogo de aves, moitas delas incluídas nos anexos I e III/2 da Directiva Aves como a cotovía, papoazul, papuxa rabilonga, a garza pequena ou o charneco.

Os anfibios e réptiles acuáticos xogan un rol importante nestes ecosistemas, e atopan aquí hábitats propicios para a cría, algúns deles catalogados no anexo II e IV da directiva Hábitats, como o sapo de esporóns a píntega rabilonga ou o sapoconcho común, catalogado como en perigo de extinción (DOGA 89, 2007) e que nas Gándaras de Budiño goza dunha das poucas poboacións que restan a nivel mundial.

O catálogo de insectos tamén é inmenso, onde destacan os coleópteros acuáticos, dos que hai catalogados ata 10 endemismos e os odonatos (libélulas e cabaliños do demo) con especies ameazadas e de escasa distribución como Coenagrion mercuriale, Gomphus graslinii, Sympetrum pedemontanum ou especies africanas coma Trithemis annulata, que tivo aquí a súa primeira cita en Galicia.

Maís información en Inventario fauna dos Humidais

FUNGOS:

Nestes ambientes con tanta humidade e solos tan ricos en restos orgánicos, non e difícil atopar fungos descompoñedores ou saprófitos, que reciclan esa materia inerte e axudan a crear o solo primario. Pódense observar asociacións moi exclusivas entre flora e funga tanto en asociacións micorrízicas sobre todo con Sphagnum ou “liquenizándose” con algas. As especies fúnxicas parasitas tamén amosan certo grao de especialización, en árbores, insectos ou outros fungos.

Nos últimos anos varios colectivos de forma desinteresada, están levando a cabo accións para revalorizar este espazo, tales como catalogación de especies, xornadas de divulgación ou limpeza, eliminación e denuncia de invasoras e seguimento de especies ameazadas. Neste aspecto destacan a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Verdegaia, a Asociación Herpetológica Española (AHE) e o Grupo Micolóxico Galego.

Máis información en Inventario fungos dos Humidais

ETNOGRAFÍA E HISTORIA:

Pero non é a única herdanza que chegou ata nós dende a prehistoria, xa que se atoparon xacementos arqueolóxicos da época Paleolítica (18.000-26.000 años a.C.).

A zona é rica en patrimonio etnográfico, con importancia da igrexa da Madalena (s XIX, Ribadelouro, Tui), cruceiros, pontes, pontellas e as poldras (sendeiros elevados feitos en pedra para o tránsito nas épocas de inundación).

USO PÚBLICO> SENDEIRISMO:

As Gándaras de Budiño están atravesadas por varias rutas: a Senda dos Humidais trazada polo Concello de Salceda de Caselas (http://salcedadecaselas.es/turismo/rutas/senda-dos-humidais/); o Roteiro das ribeiras do Louro, o Roteiro das Gándaras de Budiño, ambos trazados polo Concello do  Porriño, a ruta de As Greas (GR 58) e o Camiño de Santiago.

9 RÍO LANDRES

O Río Landres provén do Regato da Lagoela que recolle as augas dos Montes da Brava e do Alto da Forca (San Xurxo) e dos montes de Fontán, da Présa e do Penedo Redondo que conforma o Regato de San Tomé e que xungue augas abaixo pola Ponte de Ameal, e que dan como nacemento do Landres a Poza do Seixo (42º 5`4.32” N 8º33´12”), nun espazo pertencente ás parroquias de Parderrubias e Entenza, área na que conflúe unha senda fluvial de 839 m de longo e que alberga o conxunto etnográfico “Francisco Estévez Martínez” (pai de Martin Sheen). Este foi inaugurado en Marzo do 2015 e conta con cinco muíños:  Muíño do Seixo, que se sitúa a carón da Poza do Seixo e que continúa augas abaixo, a través da ponte trazada polo paso da estrada Provincial EP 2505, na área que integra o Matadoiro do ano 1950 e o Lavadoiro do ano 1957; o Muíño do Medio; Muíño do Ghurito, Muíño do Buraco e Muíño das Laxes do Torrón, que aparecen citados no catastro do Marqués de Ensenada do ano 1752, así como a centenaria fonte das Laxas que forma o conxunto do Contorna das Laxes do Torrón acompañado por unha mesa de pedra e bancos. Neste punto conecta co Szona_do_landres_2endeiro das Greas GR 58 e establécese unha conexión coa Senda Fluvial de Arantei debidamente indicada e ten por desembocadura a paraxe que leva o nome de “Ribeira da Cotella”.

Entre a flora presente no espazo podemos destacar especies como o fento real, fento femia, a xilbardeira, que forman parte do atractivo vexetal que conforma o bosque ripícola do Landres, e que está integrado polas especies que forman parte do río Caselas, no curso fluvial. Entre as especies ripícolas destacamos a presenza de salgueiros, amieiros, carballos e tamén de especies invasivas como un pequeno bosquete de cana de bambú, de cana e de falsa acacia.

Nas súas inmediacións conta cunha pequena carballeira de uso privado na que hai un penedo de dimensións considerables e que acompañan a contorna do Landres coa figura do bosque autóctono.

Micolóxicamente, existe unha gran relación de especies exóticas coñecidas como a xaula e o polbo ao longo do paseo, que abundan en superioridade con respecto ao resto de fungos presentes na zona.

Entre as diferentes especies que podemos divisar están o ferreiriño, a garza real, gaio, e demáis especies comúns que integran estes espazos e xa descritas anteriormente, así como o avistamento de corzos.

12 POZA DO CABALO

Nos montes da Picoña, no camiño que sube a San Cibrán (Lat. 42º 8′ 4,77” N, Lonx. 8º 33′ 24,80” O) pódese atopar un pequeno espazo de aproximadamente 2800 m2 chamado A Poza do cabalo.poza_do_cabalo_1

Para crear este espazo adaptouse unha zona plana nun terreo de bastante pendente, no que se salvou o desnivel cun muro de pedra onde se sitúan os asadores. Tamén conta con mesas de pedra, unha fonte e un depoza_do_cabalo_2pósito de auga feito de formigón que é destinado a balsa contra incendios.

O espazo está repoboado con árbores relativamente novas e destinadas á sombra que ademais son ornamentais como plátanos de sombra, falso plátano, chopos, chopo branco, tileiros, rododendros, e tamén se poden atopar exemplares illados de falsa acacia, freixos ou un piñeiro de Alepo situado na entrada da área. Debido á humidade creada polos desbordes da fonte e a poza, tamén medran bastantes salgueiros. Esta humidade e a sombra das frondosas crea un sotobosque musgoso onde medran pequenos exemplares de carpaza moura, sobre todo nas zonas máis espidas. Este chan recuberto de musgos deixa fermosos cogomelos, como os do xénero Hygrocybe, que contrastan as súas cores amarelas ou vermellas tan brillantes co verde das briófitas.

O pequeno depósito de auga, colonizado xa por algas, deixa ver fauna típica destes ambientes como o limpafontes común ou a ra común.

Os arredores da área recreativa son ideais para o sendeirismo, xa que cruza varia pistas forestais e está rodeado de extensos bosques, ademais de que por ela transcorre o sendeiro das Greas (GR 58).

 16 ÁREA RECREATIVA DOS AGOEIROS

Situada nos montes da parroquia de Sta. María de Salceda (Lat. 42º 7′ 24,77” N, Lonx. 8º 32′ 22,06” O) a 147 m de altitude, a pesar de estar nun terreo con bastante pendente, poderíase dividir en tres zonas ben diferenciadas, localizadas en tres grandes socalcos de similar superficie que son: a área recreativa, a zona deportiva e a poza, os cales suman aproximadamente arredor de 4,6 ha.

A área recreativa está situada ao este na parte máis alta, e conta cun amplo aparcamento, abundantes mesas de pedra, asadores, zona de xogos e fontes. O solo é xabrento, froito da natureza granítica e descomposición de minerais, causante de que poidamos ver na zona algún gran penedo. Destaca o arborado, co plátano de sombra como especie principal, acompañado de outras ornamentais, algunhas funcionais como as tuias que forman o peche superior ou os buxos que protexen e sinalizan a fonte; outras simplemente adornan e dan sombra como a catalpa, liquidámbar, tileiro e os negriños. Tamén se poden atopar especies silvestres coma o piñeiro rubio, castiñeiro, carballo, abeleira, loureiro, salgueiro, falso plátano; froiteiras como as cerdeiras ou nespereiras e pode destacar pola fermosa forma unha acacia preta.

Varios regatos cruzan esta área, que coa erosión e o paso do tempo crearon fendas no terreo que fan que para comunicar unhas zonas coas outras haxa que construír accesos. No nordeste atopamos unha ponte metálica en arco que comunica o merendeiro cun dos pequenos bosquetes e repoboacións de castiñeiro e carballo, onde podemos atopar tamén algún espectacular exemplar de espiño albar.

A zona deportiva está composta por un campo de fútbol de terra cos correspondentes vestiarios, rodeados por algúns piñeiros e  salgueiros nas zonas húmidas que crea o paso dos regatos. Está comunicado coa área recreativa por unhas escadas de pedra.os_agoeiros_3

A poza, está situada na parte máis baixa e orientada cara o oeste, dela dise que nace o Ameixoa, o regato de maior entidade da zona e que separa os barrios da Feira e o Castro Barreiro, afluente os_agoeiros_4directo do río Caselas, que atopamos nos mapas oficiais como regato de Sta. María. A extensión en planta da poza dos Agoeiros é de aproximadamente 3200 m2 e está emboscado en case todo o perímetro, o que fai bastante difícil o acceso á beira, excepto pola fronte oeste. Nesta cara, hai un pequeno rodal de castiñeiros, onde se observaron frutificacións de Aseröe rubra, un fungo procedente das antípodas, cunha distribución moi escasa en Europa e recentemente descuberto na Península Ibérica. Ao pé da poza hai uns magníficos exemplares de ciprés de Lawson. A vexetación que circunda a zona crea un axeitado enclave de protección e intimidade para a aviflora como parrulos caseiros, parrulos salvaxes, peto real, corvo, miñato, gabián, azor, moucho, cuco, gaio, ferreiriño, pomba torcaz, rula, bubela, papuxa rabilonga; mamíferos como o xabaril, raposa, coellos, teixugos, donicela, esquíos, ourizo cacheiro, xeneta, rato de campo; ou odonatos con preferencia por augas estancadas como os do xénero Ichnura, Coenagrion ou Sympetrum.

Outro valor da área recreativa Os Agoeiros, é o paso pola zona do sendeiro das Greas (GR 58).

18 ÁREA RECREATIVA DAS COVAS

A área recreativa das Covas (Lat. 42º6´46.57”N, Lox. 8º33´22.31” O), espazo ripícola que forma parte do río Caselas e que segueAs_covas_1 sendo un recurso fundamental para os regantes que teñen as súas leiras próximas ao Río, presenta na ponte que atravesa na finalización do espazo, unha comportas que perAs_covas_2miten o sistema de regadío mediante canles de rega.

O propio espazo presenta un complexo integrado por mesas e bancos xunto cun asadeiro, e a Fonte das Covas, así como a importancia patrimonial reflexada pola existencia de dous muíños pegados que aparecen incluídos no Inventario do Marqués de Ensenada, e a súa proximidade ao Pazo de Pegullal.

As especies que principalmente fan uso do espazo son salgueiros, amieiros, no ambiente propiamente ripícola e cercano ao Río Caselas e de carballos loureiros e chopos brancos. Tamén se debe destacar uns enormes e pintorescos penedos na ladeira dos muíños.

19 ÁREA RECREATIVA DE CURUXEIRAS

Área sita na parroquia de Area_recreativa_curuxeirasSan Xurxo (Lat. 42º6´48.4”N, Lox. 8º33´41.17” O) que presenta unha conexión coa Carballeira de A Laxe, presentando pés illados de carballos que aparecen baixo un dosel arbóreo composto por unha masa mixta de piñeiro e eucalipto.

Os afloramentos rochosos priman no mosaico paisaxístico e forman penedos que lle confiren un carácter paisaxístico acompañado por un sotobosque de silveiras, fentos e toxo, que en ocasións superan en altura aos devanditos afloramenArea_recreativa_curuxeiras (1)tos.

A presencia do campo de fútbol de San Xurxo como punto neurálxico para a celebración de partidos é importante, así como tamén a súa transformación en pista de motociclismo, como xa tivo lugar en varias demostracións.

Pola súa marxe esquerda coincide cos lindes do viñedo do Pazo de Pegullal, que acompaña ao camiño que conduce ata a carballeira de A Laxe.

Esta área conta cunha das zonas de vista panorámica que permite divisar o barrio de A Laxe e a parroquia da Picoña, cunhas espectaculares vistas.

20 AS CONFORCADAS

Espazo situado nas proximidades do Faro de Budiño  (Lat. 42º 7′ 15,13” N,Area_Recreativa_conforcadas_2 Lonx. 8º 34′ 40,74” W) cunha ocupación en superficie de 1 ha.

Área recreativa representada por un dosel arbóreo de carácter ornamental, no que destaca a presenza de carballo americano, carballo, acacia negra, salgueiros, plátanos e cerdeiras, xunto con especies de matogueira ou herbáceas que conforman o conxunto da vexetación entre as que destacan as queirogas, albedros, hedras, fentos Blechnum spicant, toxo, cistáceas, xestas e carqueixa. As árbores que rodean a área son maioritariamente piñeiros rubios.Area_Recreativa_conforcadas_1

O espazo das Conforcadas conta con dúas fontes, unha poza, xogos infantís, mesas de pedra con bancos. Tamén atopamos o paso pola mesma do GR 59, xunto co PR 132 Montes de San Cibrán, que conecta coa Fonte das Aguarizas que ten propiedades curativas ao tratarse de augas sulfurosas.

O espazo conta coa proximidade ao Faro de Budiño, que pertence ao Concello do Porriño, de aí o seu atractivo como espazo que forma parte do complexo, integrado pola explotación da pedra que se vén realizando nas canteiras próximas, xunto coas que xa foron abandonando a súa explotación.

A área inclúe paneis informativos e ten unha disposición en terrazas que permiten o acoplamento de instalacións para o uso recreativo e de lecer sen sufrir as consecuencias da elevada pendente que marca o espazo.

21 -11 FARO DE BUDIÑO E MONTES DE SAN CIBRÁN

Os montes de San Cibrán constitúen unha pequena serra que actúa como fronteira de Salceda de Caselas cos concellos de PonteareasFaro_de_budinho_2 e O Porriño, e así se recollía nas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento (NCSP) no DOG 117, 20/06/1991 páx. 5553, para a provincia de Pontevedra, onde se delimitaban os espazos naturais desta provincia, e se recollían zonas limítrofes como O Castelo de Cans e o Faro de Budiño.

É un conxunto de gran valor ecolóxico, paisaxístico e histórico caracterizado polos enormes afloramentos rochosos.

San Cibrán está situado na Parroquia da Picoña (Lat. 42º 8′ 35,71”N, Lonx. 8º 33′ 44,53”O) cunha altitude de 423 m, comprende unha extensión aproximada de 58.430.000 m2 dos que parte están en terras do concello de Ponteareas -parroquia de Guláns-.

VEXETACIÓN.san_cibran_2

Nesta área escasean as árbores autóctonas e predominan aqueloutras froito das repoboacións como eucalipto e o piñeiro de California ou “piñeiro de repoboación”, acompañadas por acacia preta, piñeiro silvestre, plátano de sombra, carballo americano e carballo cabeludo, unha especie pouco habitual, incluso para axardinar.

O solo é maioritariamente herboso ou mixto con musgos, a excepción dunha pequena zona monoespecífica de eucaliptos no que está totalmente espido. Nese chan herboso medran pequenas flores como margaridas e narcisos, acompañados de carrascos e fento aguia. Nas zonas limítrofes da área recreativa, onde a vexetación é mais virxe, atopamos máis abundancia de xestas e toxos.

FUNGOS.

Os fungos do parque tamén son variados e grazas á diversidade arbórea podemos atopar fungos ligados a distintas especies:

  • Eucaliptos: Phellinus torulosus, Descolea maculata, Hysterangium carneum ou Pisolithus tinctorius.
  • Piñeiros: níscalos (Lactarius deliciosus), Amanita genmata
  • Carballeiras: destacamos as amanitas de aparición primaveral como a Amanita bourdieri, Amanita curtipes ou amanita do viño, que a pesar de non ser exclusiva da primavera, nesta estación é especialmente abundante debaixo dos carballos cabeludos.
  • Zonas musgosas e herbosas: é habitual atopar champiñóns de campo e orellas de burro.
  • Cepos de madeira:  son un perfecto san_cibran_1substrato para fungos lignícolas como Daedalea quercina, Trametes versicolor ou Pluteus pellitus, estes últimos con gran apetencia polo eucalipto.

ETNOGRAFÍA E HISTORIA.

O cruceiro que preside o alto de San Cibrán, data do 1900, como reza unha placa onde se mencionan as parroquias que asistiron á bendición da Cruz. Outra mostra de patrimonio histórico da zona é a Capela, xa en terras de Ponteareas, onde se celebra unha misa o último domingo de maio e o 16 de setembro, día de San Cibrán. En homenaxe, as dúas parroquias, A Picoña e Guláns, celebran sendas romarías neses días.

Como se comentou esta zona elevada está ateigada de rexistros históricos, de entre os que destacan nos arredores da Capela de San Cibrán os restos da cultura castrexa do Castro de San Cibrán, unha antiga fortaleza de 280 x 240 m, na que se utilizaron os penedos existentes combinados con cachoteríae cascotes de pedra da zona.

MONUMENTOS PÉTREOS.

Sen dúbida este espazo destaca paisaxisticamente pola presenza de afloramentos rochosos de soberbias dimensións así como bolos graníticos ou penedos que semellan modelados por un deus escultor.

O REINO DA ROCHA: A pedra é a principal protagonista destes montes, agromando formacións graníticas en singulares agrupacións. Algúns exemplos:

Faro de Budiño: os afloramentos de maiores dimensións desta serra son os do Faro de Budiño, O Porriño no límite con Salceda de Caselas (Latitude 42°7’48.37″N; Lonxitusan_cibran_3de  8°35’12.63″O), que acada os 400 metros de altura. Os arredores acondicionáronse como zona de lecer con mesas de pedra, fontes e asadeiros, e repoboáronse con carballo san_cibran_4americano, liquidámbar ou outras especies arbóreas ornamentais, pero conserváronse zonas de carballeira e piñeiral.

No Faro non é difícil atopar restos arqueolóxicos: muralla do castelo, castro, tellas (tegulas) romanas, ou pedras traballadas como o interior da Cova dos nenos, ademais a súa estratéxica situación, porque ten as mellores vistas dos montes veciños, fai presupor que fora usada como punto de vixía, co valor engadido do Catabúm, unha furna no medio dos penedos no que había unha peza de pedra que ao movela resoaba en todo o val, hoxe en día inutilizable.

San Cibrán: destacan o Penedo Grande da Capela de San Cibrán, aproximadamente 750 m2 de planta, o penedo Curucho, unha formación rochosa con aparencia de cogomelo moi próxima ao chan do Caselas (Latitude 42º 9′ 0,96” N; Lonxitude 8º 34′ 2,78” O), lugar de gran importancia para Salceda de Caselas polo nacemento do seu río principal.

Castelo de Cans: pertencente o concello do Porriño, chamado así por albergar no pasado unha fortaleza medieval, o castelo de Miravel ou Mirabel, posiblemente destruído durante a revolta irmandiña.

Outros lugares que cabe destacar son o (14) COTO DA CRUZ e o (13) ALTO DE PADRÁN, tamén coa mesma paisaxe de afloramentos rochosos pero co valor engadido de albergar mámoas.

Coto_da_cruz_1

O Coto da Cruz (Latitude 42º 7′ 26,94” N; Lonxitude 8º 33′ 0,35” O), presta unhas fermosas vistas do val do Caselas. Nel hai unha antiga canteira da que se extraeu a pedra para lastrar o centro urbano, parte dela recuperada e aínda visible na fronte da Praza do Concello. A contorna acolle un conxunto de restos arqueolóxicos, que constan dun conxunto de 3 mámoas (GA 36049005), de tamaños comprendidos entre a mámoa 1 de 12,5×11,5x 0,90 m, e da mámoa 2 de 15x18x1,5 m, do período Neolítico da idade do Bronce (3000-1000 aC) das que unha se atopa violada a través do paso do camiño de acceso á contorna. Recentemente, acometeuse un proxecto para a posta en valor do medio e interpretación das Mámoas de Coto da Cruz mediante diversos paneis interpretativos, que documentan e nos fan reflexionar sobre a área de estudo. Conta cunha superficie replantexada pola Comunidade de montes de 3,7 has.

No alto de Padrán, ademais das mámoas, temos unhas inmellorables vistas tanto do val do Caselas como do Tea, na comarca do Condado. Ademais é o nacemento do regato Rial, un dos principais afluentes do Caselas no seu tramo medio.

Seguindo as pistas forestais da zona

atopamos o (15) PENEDO DA

Coto_da_cruz_2

CRUZ, que é unha enorme bóla de granito sobre o que se colocou un marco que separa as parroquias de Cristiñade, Nogueira de Ponteareas coa de Sta. María de Salceda. Dende este punto cara ao sur podemos atopar o Parque dos Agoeiros, separados por un fermoso piñeiral.

Como límite a esta serra, coroada por enormes monumentos graníticos, a pesares de non ser límite administrativo, debemos considerar os montes de Aveiró, co (17) PENEDO DE AVEIRÓ como principal valor que cabe resaltar, polo seu tamaño, e que é unha referencia ben visible para atopar o Penedo da Cruz, que marca un dos límites de Salceda de Caselas con Ponteareas.

VEXETACIÓN.

A vexetación que observamos na zona está composta sobre todo por toxo, xestas e carrouchas nas partes mais expostas ás inclemencias meteorolóxicas. Segundo descendemos de nivel, observamos que o arborado é maioritariamente eucalipto e piñeiro do país, con sotobosque de matogueira, toxo, xestas, carrouchas e carqueixas e un tapiz elevado e continuo de fento aguia. Por mor dos incendios e cambios na xestións dos montes, está comezando a cambiar a vexetación, e proliferan as plantacións de castiñeiros, abeleiras, etc. Unha das repoboacións máis eFaro_de_budinho_1penedo_de_aveiroxtensas atopámola no (10) CHAN DO CASELAS, (preto do Penedo Curucho), antigo viveiro do ICONA, que conta cunha extensión aproximada de 27.500 m2 e que na actualidade está xestionada pola comunidade de montes da Picoña. Ademais dos castiñeiros sobresaen os fermosos exemplares de érbedos. A zona é rica en fungos, e os seus propietarios, a comunidade de montes, son pioneiros en Salceda de Caselas na regulación da recolla sostible dos mesmos.

Como valor engadido a este souto, preto atópase unha antiga mina de feldespato, usado na época como compoñente na elaboración de cerámicas.

FAUNA.

A fauna que podemos atopar con máis facilidade pola zona son pequenos mamíferos como coellos, ratos de campo ou musarañas, así como os seus depredadores naturais, raposos,  aves rapaces ou serpes. Outros carnívoros presentes, aínda que pouco abondosos son a xeneta e a garduña. No que se refire aos herbívoros, é común o xabaril, e nos últimos anos tense constatado a presenza do corzo, nas abas da serra, aínda que non parecen ser individuos asentados definitivamente.

AVES.

Como xa quedou dito, as aves rapaces, diurnas (miñato, falcón peregrino, azor, gabián) e nocturnas (avelaiona e curuxa), teñen na serra un bAlto_de_padran_1o hábitat.

Outra ave crepuscular ou nocturna doada de atopar nas noites estivais pousada nas pistas forestais é a misteriosa avenoiteira cincenta, paxaro insectívoro de enorme boca que emite un son “metrallante” nas noites mornas de verán.

Compre destacar ademais a gran cantidade de especies paseriformes propias dos hábitats da matogueira e de zonas elevadas, como a papuxa do mato, a escribenta riscada, a calandriña  ou o tordo charlo.

Fauna herpetolóxica: anfibios e réptiles.

O territorio proporciona excelentes hábitats para a coñecida como fauna herpetolóxica, é dicir, os anfibios e os réptiles.

ANFIBIOS:

Os anfibios aproveitan con éxito os recursos hídricos dispoñibles, sexan estes naturais (pequenos regos e regatos),  hábitats naturalizados (charcas formadas nas canteiras abandonadas) ou artificiais (depósitos de auga e fontes).

Anfibios con cola: pola súa abundancia destacan os urodelos ou anfibios con cola que utilizan as balsas creadas polo ser humano como lugar para vivir e sobre todo para a reprodución. Entre os meses de febreiro a setembro é doado observar a estes fermosos animais nestes ambientes, de entre os que son dúas especies moi abundantes, o limpafontes común e o limpafontes verde e outra moi escasa, o limpafontes palmado.

Ao mesmo hábitat tamén acoden as extraordinarias píntegas a poñer os ovos dos que nacerán as pequenas píntegas con branquias que perderán despois da metamorfose.

Cabe destacar que en moitas ocasións se produce unha gran mortaldade destes anfibios nas balsas cando estas son limpadas na época de reprodución ou por mor das paredes verticais que en moitas ocasións non son quen de escalar para saír unha vez fixeron a posta.

Anfibios sen cola: na serra podemos atopar especies como ra común, ra patilonga, sapo común e sapiño comadrón.

RÉPTILES:

Tamén son moi comúns os réptiles pois teñen un hábitat moi adecuado, lugares onde gorecerse e tamén onde solear. É abondosa a lagarta dos penedos, a lagarta galega ou a escorregadiza lagarta rabuda así como o poderoso lagarto arnal.

Entre os ofidios ou serpes cabe destacar a presenza do veloz e fero cobregón ou a delicada e inofensiva cobra lagarteira meridional, que como o seu nome indica aliméntase con profusión de lagartas e outros réptiles. Alí onde hai auga, comparten hábitat cos anfibios, espreitan agochadas as miméticas cobras viperina de colar agardando que algún pequeno anfibio ou roedor quede ao seu alcance.

USO PÚBLICO.

Todo o espazo do Faro de Budiño e montes de San Cibrán ten grande actividade de uso público. Existen infraestruturas como áreas de lecer e rutas que permiten do seu goce lúdico ou deportivo, ben sexa polos afeccionados ao alpinismo no penedo do Faro, por afeccionados aos cabalos e BTT nas súas pistas forestais, peregrinacións nos días de romaría, ou namorados do sendeirismo que contan con dúas rutas homologadas pola Federación Galega de Montañismo, a ruta dos montes de San Cibrán (PR-G 132) e o sendeiro das Greas (GR 58).

22 ÁREA RECREATIVA DO RUBAL

Area Recreativa Rubal (1) Area Recreativa Rubal

É unha pequena zona de lecer propiedade dos veciños da Picoña, que está ao lado do campo de fútbol da parroquia, e do río Caselas (Lat.  42° 7’11.31″N, Lonx.   8° 33′ 46.99″O).

O espazo coincide na altura na que se cruza o río por unha pontella de madeira e ten mesas de pedra, asadores, randeeiras, unha fonte e unha charca artificial. O arborado é unha mestura da vexetación de ribeira con ornamentais, seguramente plantados para obter sombra, como pradairos, plátanos, tileiros e chopos, polo que o sotobosque ten un carácter herboso.

É un bo lugar para observar fauna acuática, moi variada e influenciada pola proximidade do río Caselas e a pequena charca, xa que así hai auga corrente e estancada, aspecto importante para o ciclo vital dos odonatos. As especies máis comúns da zona son Orthetrum coerulescens, Ischnura graellsii ou a africana Crocothemis erythraea preto da poza e Calopterix virgo, Calopteryx haemorrhoidalis, Onychogomphus uncatus ou Pyrrhosoma nymphula xa cara ao río Caselas. Tamén na poza, observouse a inofensiva serpe de auga e ra común. En canto a aves tamén hai unha mestura de paxaros que observamos polo río con especies de zonas de veigas e pastos, as máis comúns son torcazas, merlos, paporrubios, ferreiriños, pegas etc.

23 ÁREA RECREATIVA DO PENEDO REDONDO

Espazo que abre paso a un complexo de uso deportivo-recreativo(Lat. 42º 5′ 14,96” N, Lonx. 8º 35′ 14,96” O), que conta cun campo de fútbol de herba artificial que foi inaugurado no ano 2010 e que acolle un amplo colectivo deportivo centrado no fútbol das escolas deportivas e de afeccionados que utilizan este campo para levar a cabo diversos torneos, que conta ademáis cunha cantina utilizada durante o transcurso dos partidos.penedo_redondo_2

Nas súas inmediacións podemos observar o Penedo que dá nome a esta área, que presenta grandes dimensións e unha forma redondeada que coincide coa zona de aparcamento do complexo. Conta cunha área recreativa composta por asadores e mesas de pedra, rodeada na súa marxe dereita por unha plantación de carballo americano, entre o que tamén podemos observar un sotobosque poboado maioritariamente por gramíneas, fentos e queirogas. Conta ademais coa existencia dun depósito de auga veciñal cercado.

O dosel arbóreo que conforma o mosaico encargado de bordear a zona está composto principalmente por piñeiro rubio e pequenos bosquetes mixtos conformados por eucalipto. Nas inmediacións sitúase o cemiterio veciñal de Parderrubias, cuxa estrada conflúe no punto de sete camiños, que é obxecto de lendas que teñen que ver con ritos espirituais que se viñan practicando neste punto. A nivel paisaxístico, o máis penedo_redondo_1relevante do espazo é que alberga unha poboación de Succisa pinnatifida  e que está incluída no Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España.

Pola zona tamén transcorre o GR 52 que une a parte de Parderrubias con Santo Estevo de Budiño, así como un entorno excelente para o uso de rutas de btt, como as que xa se estableceron por parte do Club Ciclista Aragonta, en diversos encontros realizados polo club.

Anualmente, ten lugar a celebración do magosto que se vén facendo de xeito tradicional polos escolares do colexio CEP Altamira.

24 O BORRALLIÑO

Este espazo, adaptado como zona de lecer, está situado nos montes veciñais da parroquia de San Vicente de Soutelo (Lat. 42º 4′ 59,09” N, Lonx. 8º 35′ 47,23” O).

O enclave conta con multitude de elementos feitos polos veciños destinados ao ocio, como un campo de fútbol de terra, campo de fútbol sala, casa cultural e social de Soutelo, torreiro pavimentado, caseta de pedra para asar, mesas de pedra, fontes e zona de randeeiras destinada aos cativos. Hai un cruceiro de pedra nun dos cruces ao lado do parque e unha pequena capela dedicada a San Liborio, o que lle outorga á zona interese O_Borraliño_1histórico-cultural.

Destaca nesta zona o arborado, maioritariamO_Borraliño_2ente ornamental, como os plátanos de sombra mesturados cos tileiros e as catalpas situados ao sur do pequeno torreiro pavimentado. Cara a zona das randeeiras e o asador atopamos liquidámbar, falso plátano e uns curiosos exemplares de árbores de amorodos ou sangomiños do Himalaia. Sen dúbida, o maior atractivo é o bosquete de carballo americano que se atopa ao oeste da área, cunha superficie aproximada de 9000 m2, e aínda que relativamente nova (data do 1985 segundo unha placa conmemorativa situada nunha figura de pedra), é un sitio ideal para todo tipo de romarías. Nesta carballeira, é habitual no outono atopar cogomelos asociados a estas árbores como as andoas, amanitas do viño, setas de Cura ou amanitas da morte. Pero non son os únicos cogomelos que podemos atopar na zona, xa que ao estar rodeado de extensos piñeirais de piñeiro rubio, o catálogo fúnxico aumenta notablemente e é doado atopar cogomelos comestibles tan apreciados coma os níscaros, cantarelas tubiformadas  ou linguas de gato pero tamén frutifican cogomelos perigosos coma a amanita pantera  a xa citada amanita da morte ou o Cortinarius orellanus. O solo herboso da área tamén é un bo hábitat para cogomelos, xa quO_borralliño_3e medran sendeiriñas, champiñóns de campo  ou algúns carbófilos preto da zona de asar como Peziza celtica. Estes fungos só representan unha pequena parte do inmenso catálogo de especies que a bo s eguro saen nesas terras.

De primavera a verán, na zona herbosa e sobre todo a máis soleada, aparecen multitude de pequenas flores, narcisos, botóns de ouro ou pampullos, sobre os que se atopa todo un mundo de insectos, algúns atraídos polas cores e o néctar das propias flores e outros para alimentarse dos insectos que veñen a elas como a araña cangrexo.

25 ESPICHO DO FARO

O “Espicho do Faro” é una área recreativa relativamente nova, xa que foi inaugurada o 30 de xullo do 2000. Situada na parroquia de Entenza (Lat. 42º 4′ 56,36” N Lonx. 8º 34′ 32,31” O), é propiedade da comunidade de montes da mesma e ten unha superficie aproximada de 28.000 m2.

Conta cun xeneroso espicho_do_faro_3catálogo botánico, formado por multitude de plantas e arbustos ornamentais e unha gran colección de máis dunha centena de árbores, na maioría alóctonos ornamentais, mesturados con autóctonos, entre os que podemos atopar choróns, plátanos de sombra, bidueiros, tuias, castiñeiros, érbedos, acivro, abeto de pisos, cedro do atlas, carballo, Metrosidero excelsior, oliveiras, pradairo real, umeiros, tileiros, acacia preta ou o enigmático Ginkgo biloba, especie considerada como fósil vivinte xa que os parentes mais próximos cos que se relaciona foron extintos hai máis de douscentos millóns de anos, por outra banda esta árbore é moi apreciada polas súas propiedades medicinais. Cabe destacar do catálogo arbóreo do espicho do faro dous curiosos bosquetes, un de liquidámbar que ocupa uns 3700 m2 situado no oeste do merendeiro e outro de cedros do atlas de aproximadamente 1200 m2 situado na zona oeste.

Ademais da grande colección de árbores conta cun elevado catálogo de plantas ornamentais repartidas por toda a área recreativa como os limpabotellas ou rododendros, o solo está recuberto de herba ou musgo nas zonas mais sombrías, onde na primavera saen pequenas flores como botóns de ouro, margaridas ou orquídeas como a Serapia lingua, ademais atopamos unha interesante comunidade de Verbena X hybrida, flor moi aromática. Na zona mais alta coincidindo co chan máis pedregoso, xabrento e máis exposto á climatoloxía hostil, a vexetación é máis de matogueira, con posibilidade de atopar xaras brancas, estebas, carrascos ou toxo.espicho_do_faro_2

A diversidade arbórea déixanos tamén gran variedade de fungos, algúns presentes todo o ano como Laccaria fraterna ou Amanita gemmata, outras prefiren a primavera como a Amanita beillei, unha especie moi interesante polas súas láminas de cor rosa, cor pouco habitual no xénero Amanita. A maioría dos fungos atopámolos no outono ou estacións mais frías, algunhas especies habituais son Leccinum scabrum, típica de bidueiro ou Descolea maculata, introducida co eucalipto e perfectamente naturalizada na nosa terra. Tamén abundan as especies de fungos de prado como champiñóns de campo, Panaeolus foenisecii ou Hygrocybe coccinea e as muscícolas como as pequenas Galerinas que incluso poderiamos denominar rupícolas xa que é doado atopalas sobre os mantos de musgo que recobren as laxes de granito.

Repartidas pola área atopamos elementos de ocio creados polo home como o recuncho do lector, un banco de madeira situado na zona máis alta onde se crea un ambiente de relax, apropiado para a lectura. Outros elementos para o lecer que hai no parque son as mesas de pedra ou asadores, tamén algunha fonte e dúas charcas artificiais cheas de vida, onde se poden observar anfibios como a píntega, limpafontes verde ou a ra común. Tamén temos odonatos de augas estancadas como os dos xéneros Pyrrhosoma ou Sympetrum.

Coroando os 212 m de altitude que acada, e recordándonos a composición nai do chan, afloran formacións graníticas, algunha delas con formas singulares como unha en forma de cogomelo, outras con cavidades traballadas polo paso da auga e do tempo, incluso históricas como a “cadeira da raíña”, conta aespicho_do_faro_1 lenda que este lugar foi escollido por Dona Urraca (1109-1126), como asentamento para observar o avance dende Tui das tropas da súa medio irmá Teresa, quen ocupaba o trono de Portugal e coa que se enfrontou nunha cruenta guerra. Dende este lugar contaba cunha perspectiva diferente á que lle ofrecía o seu asentamento predilecto durante este conflito, o Castelo de Salvaterra de Miño, ao tempo que lle garantía unha posición segura ao tratarse dunha zona de difícil acceso e fácil de vixiar. Din que debido aos longos períodos que pasaba nesta localización, Dona Urraca mandou tallar na rocha o asento que hoxe coñecemos como “cadeira da Raíña”. Preto da cadeira da raíña atópanse dous espichos, uns pequenos fitos de formigón dos que un en realidade é un punto xeodésico, coa correspondente praca do Instituto Nacional Xeográfico, dende este lugar é dende onde se teñen as mellores vistas da periferia despois do Faro de Budiño, xa que se divisa o val do baixo Miño, o val da Louriña, así coma os picos próximos, A Picaraña, O Galiñeiro e Sta. Tegra. Esta privilexiada posición fai pensar aos historiadores que o espicho fose unha zona de vixilancia do Castelo de Entenza.

26 PENEDO DA CERDEIRIÑA

O espazo do  Penedo da Cerdeiriña (Lat. 42º 5’18,27” N, Lonx. 8º 34’24,33” O). acolle un dos puntos máis estratéxicos de Parderrubias como miradoiro, que permite obter unha clara visión da parroquia, na que destaca principalmente a penedo_da_cerdeirinha_2visualización dos barrios de A Revolta, Pantel, O Agro, O Piñeiro e Pedrabuxiña.

Acollida no Plan de Ordenación de Montes como unha área de Protección, destaca a plantación de carballo americano e a cerdeira que realizan o acompañamento visual na subida ao Penedo. O piñeiro é a especie que o bordea na súa parte máis elevada ao Penedo, no sotobosque as especies máis abundantes neste espazo son as grampenedo_da_cerdeirinha_1íneas, fento común, toxo, silveiras e queirogas.

A superficie que acolle esta área de protección é de 2,81 has, das cales 0,82 has pertencen ao complexo formado polos Penedos, que conforma o ascenso ao Espicho do Faro, unha das áreas recreativas que unifica a división entre a parroquia de Parderrubias e de Entenza. Nesta contorna podemos destacar a elevada presenza de Penedos que crea un medio paisaxístico peculiar e goza da presenza de musgos e liques nas áreas de avesedo, que xunto con pequenos bosquetes de carballos representan pequenos puntos de fragas, que representan ao bosque típico galego.

27 MONTE AS PENIZAS

AS Penizas Paramos_3 AS Penizas Paramos_2

O alto das Penizas é un monte recollido parte pola parroquia de Soutelo (Salceda de Caselas) e Guillarei (Tui). No alto podemos destacar a área recreativa en man común dos veciños da parroquia de Paramos , de aproximadamente 6,5 ha (Latitude 42º 4′ 0,77” N; Lonxitude 8º 36′ 47,36” O) e unha elevación de 115 msnm.

A pesar de estar nunha zona alta, a área recreativa está conformada nunha zona de chaira, e ten incluso dúas explanadas de bo tamaño, unha utilizada como campo de fútbol e outra como torreiro de festas con galpón que se usa como local social. Tamén ten unha parte acondicionada con mesas de pedra, asadores e unha fonte, poboada cunha interesante variedade arbórea, con autóctonas como carballos, sobreiras, vimbieiras, loureiros, mesturado con alóctonas como carballo americano ou plátano de sombra, ornamentais como camelias e polo medio destas froiteiras, laranxeiras, limoeiros, nespereiras ou cerdeiras. O sotobosque é basicamente herboso.

Ao redor da área recreativa atopamos un fermosos piñeiral, de seguro produtor de cogomelos moi apreciados na cociña como os populares níscaros.

28 ÁREA RECREATIVA DO MANTEIRO

Dentro da depresión xeolóxica formada polo río Caselas que se integrano sistema de terrazas que conforman parte do medio que rodea a este espazo, atopamos esta área recreativa, na parroquia de Arantei, de coordenadArea REacreativa de Manteiroas (42º03`55.95”N, 8º33´06.95”O)  pertencente ao concello de Salvaterra, e próxima ás inmediacións do Paso do Río Caselas pola parroquia de Entenza e que mantén entre a súa vexetación especies propias do bosque de galería como freixos, amieiros, bidueiros, salgueiros, sobreiras, carballos, presenza puntual de acivros e de cipreses , así como a presenza de plátanos que fan fronteira coa estrada. En estado arbustivo podemos sinalar a presenza puntual dalgún sabugueiro.

O sotobosque está constituído principalmente por fentos, briófitos e gramíneas característicos das áreas próximas ripícolas. O amieiro presenta un elevado ataque en determinados exemplares polo fungoArea REacreativa de Manteiro (1) PhytArea REacreativa de Manteiro (2)ophthora cinnamomi.

O característico da área é, a presenza de mesas con bancos de pedra, asadores, un anfiteatro con gradas de pedra e unha explanada de formigón presente no centro da área.

Comunícase a través da ribeira pertencente ao concello de Salvaterra coa Senda do Río Caselas- Fonte de Agüín que atravesa a parroquia de Entenza, e que está separada polo río Caselas. En épocas de baixo caudal pode accederse a través da pequena présa existente no muíño de Hernández sito na Senda de Entenza.

29A O COTELLO

O_Cotello_1 O_Cotello_2

O espazo natural de Cotello (Lat.  42° 5’17.58″N, Lonx.   8°33’9.43″O), en Entenza, coincide nun pequeno tramo da ruta das Greas (Gr 58), e transcorre por unha paisaxe típica do suroeste galego rural, camiños herbosos en ocasións encaixados en noiros de terra, ou laterais empedrados nos que se van alternando carballos con magníficos portes, pequenas agrupacións de loureiros, bosque mixto de piñeiro e eucalipto, veigas con plantacións de viñas, pastos ou salgueiros, nas zonas próximas ao regato que cruza cara ao río Landres. É unha encrucillada dO_Cotello_4e sedeiros, paso de carros ou pedestres, moitos deles con encanto, xa que están delimitados por pedras ou pequenos muretes, que coa vexetación e humidade da zona nas zonas máis sombrías se recobren de musgos e dan fermosas fotografías. Percorrendo estes camiños cara ao sur, vaise notando como aparecen afloramentos rochosos, que chegan incluso a mesturarse coas casas dos barrios limítrofes.

A fauna é moi variada, xa que ao haber zonas de cultivo, hai pequenos roedores como ratos de campo, cos que aparecen os seus depredadores como o lagarteiro peneireiro. En canto a aves, podemos atopar pegas, corvos, gaios, merlos, torcazas ferreiriños, carrizas e incluso se observaron faisáns.O_Cotello_3

O regato crea pequenas charcas onde podemos atopar anfibios como a rá común ou o sapiño pinto, que se esconde entre as herbas dos pastos.

A flora fúnxica na zona é moi variada debido á abundancia de carballo e piñeiro, moitos deles moi lonxevos, baixo os que podemos atopar un amplo catálogo de cogomelos, algúns deles interesantes e comestibles, níscaros, andoas, cantarelas, etc. Tamén nas zonas de cultivo é doado atopar fungos de interesante valor culinario coma champiñóns de campo, sendeiriñas ou Stroparia rugosoannulata.

29B CASTELO DE ENTENZA

Na parroquia de Entenza, na zona de O Castelo, lugar de A Torre ( Lat. 42º 5′ 1,16” N, Lonx. 8º 33′ 16,52” O), atopamos un dos lugares con máis contido histórico de Salceda de Caselas, pois ademais dos restos arqueolóxicos existentes, mostra prehistórica das primeiras culturas que habitaron Galicia (cultura galaico-romana), temos os restos do Castelo de Entenza, xa da idade media.

Este castelo (na época era propiedade da igrexa de Tui e pretendido pola nobreza) é un dos varios cos que contaba o enigmático territorio do Turonio ou Toroña, para defensa fronte a pobos hostís que entraban por mar. É curioso observar que a parte máis alta da zona é o Espicho do Faro con 212 metros de altitude, fronte os 120 metros do castelo, isto deixaríanos o Espicho como unha perfecta zona de vixilancia para o castelo.

Na actualidade só se pode apreciar unha zona emboscada, con árbores típicos de bosque atlántico, carballos, espiños brancos e loureiros, mesturados con algunha especie introducida como eucaliptos, acacia preta ou mimosa. Todo cun sotobosque de matogueira, urces, toxo e xestas. Tamén se pode observar algunha árbore de preferencias máis mediterráneas como érbedos ou sobreiras, destas últimas cabe destacar unha moi próxima ao castelo cun espectacular porte.

Acompañando os restos do castelo atopamos tamén os vestixios dunha canteira abandonada, e que debido ao solo principalmente granítico, na zona, é doado atopar grandes afloramentos rochosos convivindo coa vexetación e incluso cos inmobles do núcleo urbano próximo.

30 CHAN DA IGREXA, SAN TOMÉ

Espazo integrado polo conxunto que circunda a localización (Lat. 42º 06′ 08,09” N, Lonx. 8º 34′ 40,10” O) da antiga igrexa de Parderrubias que foi trasladada no ano 1819, e que conecta mediante un camiño de terra co Cruceiro do Pinto situado na estrada municipal que conecta coa localización da igrexa actual.

Nesta área aínda podemos atopar diferentes restos da anterior igrexa como é unha das cruces do altar. Conta a lenda que cando se foi trasladar esta cruz, apareceu unha serpe de sete cabezas, polo que nunca se procedeu ao seu traslado á localización actual da igrexa. Atopamos ademáis restos de lápidas e pía Chan_da_igrexa_1bautismal.

A zona presenta diversos puntos de regadío a través do sistema de pozas que reflicte nun entorno húmido e sombrío, taméchan_da_igrexa (1)n propiciado polo dosel arbóreo, e que teñen a súa localización próxima á igrexa.

A zona foi cuberta por carballos e outras especies arbóreas como loureiros que rodean o espazo xunto coa existencia de mato entre o que atopamos principalmente a presencia de gramíneas, estralotes e fento, que conforman unha vexetación típica de espazos húmidos e sombríos.

O máis importante é a carballeira que conforma o espazo, que conta con exemplares centenarios que mostran un encanto e misticismo engadido á historia do lugar.

Nas súas proximidades pasa un regato de fluxo estacional que vén marcado por especies ripícolas como o loureiro que marca o dosel arbóreo da zona, acompañado por fentos de zonas ripícolas como o fento femia.

Polo camiño saímos á estrada na que está o cruceiro do Pinto que conecta coa estrada que dá á Igrexa de Santo Tomé de Parderrubias.

31 RIBEIRA DAS LAMAS, REGATO DE LAGOELA

Moi preto do casco urbano de Salceda de Caselas atopamos una fermosa paisaxe que acompaña ao regato da Lagoela Caselas (Lat. 42° 6’8.43″N, Lonx. 8°33’50.47″O), afluente do Landres. A zona das Lamas recolle a área fluvial do regato da Lagoela que vai dende as pistas polideportivas ata o actual aparcamento existente na Lagoela, a pesar de ser un pequeno regato, achega un gran nivel de humidade ao terreo e co paso dos anos a auga foi formando unha depresión na zona, a cal as infraestuturas circundantes como peches de fincas con pedra, colexios, estradas, reduciron a un tramo aproximado de 350 m.

Podemos ver nese espazo como acompaña a este regato unha paisaxe de bosque pantanoso ou humidal, formado por carballos, amieiroribeira_das_lamas_1s, vimbieiras e como árbore principal o salgueiro, que deixa aribeira_das_lamas_2lgúns cun fermoso porte. O sotobosque é turboso cheo de fentos, fentas, xuncos e demais vexetación típica de zonas húmidas, así o mostra tamén o musgo que recobre cada tronco e cada pedra da zona.

Paseando pola ribeira podemos atopar paxaros típicos da zona como tordos, merlos e paporrubios, tamén parece un ambiente propicio para os anfibios como a ra ibérica.

32 MUIÑOS DO REGUEIRO DO SILVAL

muinhos_do_silval_1

É un interesante e fermoso espazo, da parroquia da Picoña situado muinhos_do_silval_3á beira do río Caselas (Lat. 42° 8’10.69″N, Lonx. 8°34’13.11″O) que coincide, cando este deixa os montes do seu nacemento e comezan a aparecer os núcleos de vivendas, neste caso dos barrios de Loureiro ao este e A Fraga no oeste. Componse de varios muíños en fase de recuperación e pequenos regatos e nacementos de auga que lle chegan ao Caselas por ambos lados en forma de pequenos saltos de auga, debido á pendente existente, xa que neste tramo o río se encaixa nun pequeno val formado polos barrios antes menmuinhos_do_silval_2cionados. A auga desvíase do río e encarréirase paralela a este pero a distinto nivel, e que vai pasando aos muíños por fermosas canles de pedra.

A vexetación que atopamos é potencialmente de bosque de galería, amieiros e salgueiros, tamén vimbios, e algo de carballo e loureiro, co sotobosque herboso que en primavera se enche de pequenas flores habituais de ríos e regatos como prímulas e violetas. Ao estar encaixado e recuberto de árbores é unha zona sombría e é doado topar distintos tipos de musgos, Polytrichium, Pseudoscleropodium, etc., recubrindo solos, pedras e troncos.

No entorno atopamos que a parte alta está poboada maioritariamente por bosque mixto de piñeiro, eucalipto, castiñeiro e canto máis baixo os terreos xa se destinan a cultivo ou pasto con moita presenza de viña.

A zona é un dos puntos de paso da ruta dos montes de San Cibrán (PR-G132), onde se habilitaron paneis interpretativos con información sobre a parroquia e os muíños.

33 CARBALLEIRA DE BUDIÑO

craballeira_de_budinho_2 craballeira_de_budinho_1

Localízase na parte posterior á igrexa de Santo Estevo de Budiño  (Latitude 42° 5’54.74″N; Lonxitude 8°36’19.24″O) e preto da área determinada polo torreiro da igrexa dende o que existe un acceso a través dun camiño que conduce ao espazo da carballeira composta por 10 individuos de elevado tamaño, xunto cos restos do palco da música antigo, o espazo está principalmente composto por especies acompañantes, pés illados, como a acacia negra e a falsa acacia. Rodeando unha parte da zona atópase un dosel arbóreo composto maioritariamente por eucaliptos.

Este terreo de propiedade eclesiástica mostra unha carballeira con exemplares de gran tamaño que recentemente foron sometidos a unha poda intensiva.

O camiño que conduce ao torreiro onde se celebra actualmente a festa da parroquia, caracterizado principalmente pola presencia de plátanos que bordean o torreiro.

34 MUÍÑOS DO BACÓN

Este espazo conta con gran valor tanto ecolóxico como etnográfico, xa que no curso do regato Bacón, afluente do río Caselas (Lat.  42° 7’14.83″N, Lonx. 8°34’14.46″O) atopamos unha serie de muíños (BaMuinhos_Baconcón, Congostas e Carneiro), unha poza e cortellas, nunha fermosa fraga, rodeada de socalcos con antigos muros de pedra. Na contorna domina a cor verde, xa que é unha zona sombría, recuberta por arborado maioritariamente composto por carballo e loureiro pero as alóctonas comezan a gañar espazo. No sotobosque medran fentos nas zonas máis próximas á auga, xibardas, cistáceas, xestas e toxos, os últimos nas zonas máis afastadas. As construcións, actualmente en estado ruinoso, así como os muros que forman os numerosos socalcos colonizáronse con musgos, couselos e hedras, todo isto regado polo Bacón e os numerosos nacentes da auga das paredes pedregosas da zona.

No solo atopamos a influencia do granito, tan importante en zonas próximas como a do Faro de Budiño, que nestas terras se amosa en forma de xabre.

Os camiños que parten ou chegan a este punto, cara A Picoña ou San Xurxo, son estreitos e están acompañados por solos empedrados, laxas de granito marcando os laterais e bóvedas formadas por carballos, loureiros ou en ocasións viñas, o que lle dá un encanto especial e que fai que mereza a pena recorrelos.

A fauna da zona é a mesma que a das zonas próximas coma o Faro de Budiño ou As Conforcadas e posiblemente sirva de paso ao xabaríl cara as zonas de cultivo próximas. A poza supón un bo punto de cría para anfibios xa que non se limpa regularmente e con eles os seus depredadores como a serpe de auga.

É un dos puntos destacados da ruta dos Montes de San Cibrán (PR-G 132), que comeza a un quilómetro escaso regato arriba.

35 ESPAZO NATURAL DE PONTE CARNEIRO

A pesar da delimitación administrativa da ZEC As Gándaras de Budiño, existen zonas limítrofes que merecen a mesma protección, ou cando menos ser tratadas como tal. É o caso en Salceda de Caselas do espazo natural de Ponte Carneiro, sito na Parroquia de San Esteban de Budiño no barrio de Cerquido (Latitude 42° 5’36.37″N; Lonxitude 8°36’51.44″O), separado de As Gándaras de Budiño pola vía do tren Vigo-Monforte.

Como eixe central do espazo atopamos o río Becerreira, tamén coñecido como río Tinto, que recibe ao río Meixía ou Loureiro polo que na zona nos atopamos solos moi húmidos, xa que ademais son nestas terras onde se recollen as augas que baixan da parte mais occidental de Budiño e se filtran cara as Gándaras e ao espazo_Natural_Ponte_Carneiro_1Louro. Por iso é habitual atopar terras inundadas gran parte do ano, poboadas con bosques pantanosos de salgueiros e esfagnos. Hai que destacar nesta labor de filtrado a zona de brañas chamada Rega da Lama, tipicamente recubertas de Carex sp. e con interesantes poboacións de carrouchas, Xunca de algodón, Genista berberidea, Genista ancistrocarpa, unha especie ameazada ou a xanzá das turbeiras, esta última planta nutriz da formigueira das turbeiras.

Neste espazo ademaiespazo_Natural_Ponte_Carneiro_2s de atopar hábitats prioritarios incluídos no Anexo I da Directiva Hábitat (DC 92/43/CEE) como  bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) ou Breixeiras húmidas atlánticas de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix, tamén atopamos ricos bosques riparios, que acompaña ao río Becerreira, carballeiras ou zonas de pasto polo que a biodiversidade é moi rica e variada, na que destaca ao igual co resto da ZEC os odonatos e coleópteros acuáticos. Debemos destacar como especies interesantes avistadas pola zona a libélula Coenagrion mercuriale, os Narcissus cyclamineus e triandrus ou o fungo Gyrodon lividus incluido na lista vermella europea de fungos ameazados.

Este espazo representa un punto interesante da senda dos humidais organizada polo Concello de Salceda de Caselas (http://salcedadecaselas.es/turismo/rutas/senda-dos-humidais/ ).

36 REGATO DA FRAGA

regato dA_Fraga_2

Na parroquia de Entenza (Lat. 42º 5′ 1,31” N, Lonx. 8º 34′ 6,58” O) atopamos o regato de Fraga, que serpea entre grandes formacións graníticas e deixa un fermoso enclave de dous quilómetros e medio antes de unirse ao río Caselas.

É un tramo de case 400 m, no que primeiro pasa por debaixo dun enorme penedo de aproximadamente 232 m2  de superficie descuberta, e forma unha curiosa e pintoresca cova, máis abaixo detense na poza de Fraga, onde se desvía parte para regadío. Segue o seu curso pasando entre penedos de distintos tamaños, sobre os que esculpe con axuda do paso da auga e doregato dA_Fraga tempo canles e fendas que dan lugar a pequenos saltos a modo de fervenzas.

O percorrido do regato está marcado por unha depresión no terreo que forma un pequeno val, é un ambiente moi húmido, con enormes exemplares de fieitos vivindo entre carballos e loureiros, tamén podemos observar recubrindo as caras menos expostas dos penedos musgos do xénero Sphagnum e embigo de Venus. Entre fauna que se atopa na zona están anfibios como a píntega, limpafontes verde, ra común ou a ra patilonga, un endemismo do terzo nor-oriental ibérico. A poza da Fraga, ao estar nunha zona soleada crea un ambiente ideal para algunha ave típica que se adoita ver preto da auga como a lavandeira real ou as carrizas, e por suposto se hai auga réptiles acuáticos como a cobra viperina ou odonatos de augas estancadas como algún Pyrrhosoma ou Sympetrum.

37 FONTE FERREIRA

No barrio de O Madorro atopamos a zona da Fonte Ferreira (Lat.  42° 4’4.62″N, Lonx. 8°35’31.61″O) chamada igual que o regato que transcorre o seu carón.

É unha pequena zona cunha fonte humanizada en granito cunha pequena mesa tamén de pedra na fronte. Nunha parte escaleirada con esta hai un pequeno recinto pechado con randeeiras. Facendo esquina con estes pequenofonte_da_ferreira_1s espazos e dando sombra sobre a mesa hai un amieiro cun ancho tronco e pequena copa.

A vexetación da zona correspóndese con bosque de ribeira, no que predominan o salgueiro, acompañado de herbáceas típicas como a cicuta. Fonte Ferreira a pesar de ser un modesto regato, deixa bastantes paisaxes húmidas na zona, cfonte_da_ferreira_2omo os bosquetes pantanosos que se poden ver regato arriba na zona do muíño de Cernadas, antigas fincas que se deixaron de traballar e se emboscaron con salgueiros e loureiros rapidamente, e deron acubillo a multitude de paxaros como merlos, ferreiriños, paporrubios ou carrizas.

O regato no seu curso cara ao Miño, a uns metros deste enclave, pasa polos muíños do Capitán e do Fuchaco.

A CONTORNA DO REGATO FONTE FERREIRA

O regato de Fonte Ferreira, nace preto do Penedo Redondo en Parderrubias, no seu curso natural, xa en terras de Soutelo, déixanos uns espectaculares, escondidos e apenas coñecidos humidais, formados nunha zona chaira preto do lugar de a Rebandeira. A vexetación predominante é o salgueiro e o Amieiro, que forma interesantes bosquetes aluviais destes últimos. Os humidais están combinados con veigas de pasto polo que e doado atopar viñas, vimieiros e algún chopo. Tamén medran carballos e xa na zona menos húmida comeza o bosque mixto de piñeiro e eucalipto. Desfonte_da_ferreira_3tacan na zona os solos anegados a meirande parte do ano, xa que o nivel de inundación depende moito da chuvia, e a vexetación do sotobosque é herbácea e fórmanse nas zona permanentemente húmidas alfombras de musgos do xénero Sphagnum acompañados de fentos e fentas e na primaveira flores típicas destas paisaxes como prímulas e violas. A maioría de fungos que se poden atopar son descompoñedores da madeira, sobre todo pequenos cogomelos con forma de cunca, Scutellinia, Dasyscyphus ou do xénero Naucoria e Alnicola que mostran preferencia nas asociacións con salgueiros e amieiros. En canto á fauna do lugar, observáronse zonas de baño de lodo dos xabarís e pegadas do que seguramente son pequenos roedores, ademais dalgún visón, un agresivo depredador. O punto etnolóxico da zona póñeno os muíños de Barrocas e de Castiñeira, actualmente en desuso.

FONTE DAS CARBALLAS

fonte_das_carballas fonte_das_carballas_2

Unha contorna recentemente recuperada é a que corresponde á Fonte das Carballas(Lat.  42° 6’8.76″N, Lonx. 8°33’24.80″O), un espazo sito nas proximidades da Casa do Concello, Esfarrapada, e que mostra un punto de enlace óptimo para a conexión coa senda fluvial Valentín Paz Andrade.

Este espazo conta coa presenza dunha fonte, acondicionamento de bancos, xunto cun espazo de graffitis que conta con varias temáticas e que acollen no espazo dende a baixada a través das escadas ademais de no propio espazo de lecer.

Conta cunha poza de regadío que presenta especies higrófilas como espadainas, poboada pola ra común, que incrementou notablemente a súa poboación dende a recuperación do espazo e da salubridade da poza e mellorou a calidade da auga. O espazo ao estar rodeado por unha área de uso agrícola recibe a constante visita de paporrubios, merlos, pegas e especies que precisan de espazos ripícolas para o seu desenvolvemento.

 

FONTE DE AGÜÍN

Pequeno espazo situado na parroquia de Entenza (Lat.42º 4′ 36,02” N, Lonx. 8º 33′ 3,36” O) que conta cunha extensión de aproximadamente de 950 m2, e é onde comeza a senda Fonte Agüín – Muíño Picado.fonte_aguin

A auga que mana dunha fronte construída en granito, segue o seu curso natural que é desembocar no río Caselas, que cruza apenas a 200 metros ao sueste, pero antes enche un lavadoiro de pedra e seguidamente a poza de Agüín destinada a regadío, xa que as terras circundantes están dedicadas ao cultivo e o pasto.

A área está adaptada como zona de lecer, e foi dotada con mesas de pedra e balaústres de madeira, a modo de protección ou marcando os distintos niveis de altura que ten. A pesar da humanización, foi respectada a flora arbórea existente, polo que se poden ver dous fermosos Carballos, pero tamén algunha árbore ornamental como liquidámbar ou plátano de sombra.

A combinación de auga corrente e encharcada deixa moitas posibilidades cara a cría de distintas especies de odonatos, xa que algunhas son moi selectivas no seu estado ninfal. Tamén é un ambiente ideal para anfibios como os limpafontes comúns, os limpafontes verdes ou a ra común.

SENDA PEONIL DO REGATO DA LAGOELA

Esta senda ten comezo no lugar Altamira onde se sitúa o CRA Raíña Aragonta e enlaza o espazo polideportivo formado polas pistas de multideporte e padel e Pavillón Municipal dos Deportes, xunto coa contorna escolas do CEP Altamira.

É un espazo que conta con augas de curso permanente de carácter estanco que lle confire a esta zona un lugar de valorribeira das lamas (4 de 13) paisaxístico e natural, que permite contemplar especies ripícolas de hábitats anegados.

O percorrido son 350m que conectan co espazo da Lagoela e coa estrada 510, e que consta dun espazo óptimo para o desfrute do deporte e que permite o enlace e conectividade de espazos no noso Concello. As especies ripícolas que se atopan no lugar son as mesmas que conforman este tipo de espazos, moi ben detalladas na Senda do Río Caselas, e que marcan un espazo óptimo de ocio e relax.

Máis información en (31) Ribeira das lamas, regato de Lagoela

SENDA DE ARANTEI

Un pouco máis cara ao sur, no límite con esta parroquia de Salvaterra de Miño, e case na metade do seu pesenda_arantei (2)rcorrido, onde atopamsenda_arantei (1)os a desembocadura do Landres no Caselas, nunha zona chaira con pequenas fincas de cultivo, pastos e viñedos, que deixan unha foto aérea que amosa un claro exemplo de minifundismo. Ambos ríos van acompañados polo típico bosque de galería, que forman fermosas bóvedas sobre eles e crean espazos moi sombríos onde os musgos recobren os troncos e os pequenos muros de contención, dándolle un fermoso aspecto á ribeira. É neste punto, onde se mira un río mais potente e maduro, e se empeza a notar maior presenza de freixos, e bosquetes de senda_aranteiloureiros, que acompañan aos amieiros e salgueiros no bosque ripario. Tamén se pode observar algún pequeno chopo, e nas fincas que se deixaron de traballar durante moitos anos formáronse bosques pantanosos de salgueiros, e os solos recubríronse de briófitas como esfagnos ou fentos de distintas especies.

SENDA DE ENTENZA

Outro dos tramos que conta cunha senda fluvial e que percorre a marxe dereita do río Caselas  na psenda_entenza (1)arroquia de Entenza, é o tramo Fonte Agüín- O Picado-Muíños de Herdeiros Bernardes que ten un percorrido de 1300 km e que conecta augas arriba coa Senda de Aranteisenda_entenza de 964 m, e que remata co muíño do Picado de tres moas do Concello que é o Muíño do Picado, un dos muíños de maior tamaño do Concello, e continúa pola senda ata o muíño de Herdeiros Bernardes que conta con 4 moas e que fai fronteira coa parroquia de Arantei, pertencente ao Concello de Salvaterra de Miño.

A frecuencia da fauna no lugar como o peto verdeal, laverca, fersenda_entenza (2)reiriño, o Gaio, lagarto arnal, píntega común, sapo común, a serpe do colar, coello bravo, donicela, ourizo cacheiro. cabe tamén resaltar o avistamento do picapeixes e da Garza real.

 

SENDA DO LANDRES

O Río Landres provén do Regato da Lagoela que recolle as augas dos Montes da Brava e do Alto da Forca (San Xurxo) e dos montes de Fontán, da Présa e do Penedo Redondo que conforman o Regato de San Tomé e que xungue augas abaixo pola Ponte de Azona_do_landres_3_muinho_do_juritomeal. Estes dan como nacemento do Landres a Poza do Seixo (42º 5`4.32” N 8º33´12”), nun espazo pertencente ás parroquias de Parderrubias e Entenza área na que conflúe nunha senda fluvial de 839 m de longo e que alberga o conxunto etnográfico “Francisco Estévez Martínez” (pai de Martin Sheen), inaugurado en Marzo do 2015 que conta con cinco muíños:  Muíño do Seixo, que se sitúa a carón da Poza do Seixo e que continúa augas abaixo, a través da ponte trazada polo paso da estrada Provincial EP 2505, na área que integra o Matadoiro do ano 1950 e o Lavadoiro do ano 1957; o Muíño do Medio; Muíño do Ghurito; Muíño do Buraco e Muíño das Laxes do Torrón, que aparecen citados no catastro do Marqués de Ensenada do ano 1752, así cozona_do_landres_3_muinho_das_laxesmo a centenaria fonte das Laxas que forma o conxunto do Entorno das Laxes do Torrón acompañado por unha mesa de pedra e bancos. Neste punto conecta co Sendeiro das Greas GR 58 e establécese unha conexión coa Senda Fluvial de Arantei debidamente indicada e ten por desembocadura a paraxe que leva o nome de “Ribeira da Cotella”.

Esta senda está principalmente representada por un dosel arbóreo constituído principalmente por amieiros, salgueiros, así como especies alóctonas que se están intentando eliminar como é a cana (Arundo donaxzona_do_landres_1), a cana de bambú e a falsa acacia.

O fento real, fento femia, a xilbardeira, forman parte do atractivo vexetal que conforma o bosque ripícola do Landres, e que está integrado polas especies que forman parte do río Caselas, no curso fluvial.

Nas súas inmediacións conta cunha pequena carballeira de uso privado na que hai un penedo de dimensións considerables e que acompañan o entorno do Landres coa figura do bosque autóctono que o acompaña.

Micolóxicamente, estanse a espallar en gran medida as especies exóticas coñecidas como a xaula e o polbo ao longo do paseo.

SENDA DO RÍO CASELAS

O principal eixe fluvial que atravesa a vila de Salceda de Caselas é o Río Caselas que nace no norte do municipio a partir das correntes que baixan dos montes Curucho, Chan de Mielo e San Cibrán.

O Río Caselas conta cunha lonxitude de 12km, que ten como eixo de desembocadura o río Miño, e atravesa as parroquias da Picoña, San Xurxo, Santa María e Entenza, e cédelle o paso a Arantei para rematar coa súa desembocSenda_do_rio_caselas_2adura no Miño. Dentro desta columna vertebral que conforma o noso sistema de ríos podemos atopar no municipio as vértebras conformadas polos seus afluentes como son os do Falón, Fraga, O Rial, Bacón, Santa María e Landres. A través do seu paso podemos salientar o bosque ripícola que conforma nas súas ribeiras onde teñen acollida especies que configuran estes medios principalmente marcados na zona do Rubal como pradairos, pradairo trilobado e pradairo prateado, tileiros, e plátanos. Este continúa cunha elevada presenza de amieiros, bidueiros, salgueiros, freixos, abeleiras, loureiros, carballos, pereiras bravas, sabugueiros, cunha forte presencia de plantas rubideiras como a madreselva ou a hedra. Atopamos unha menor presencia castiñeiros e chopos.

Estas zonas de elevada humidade caracterízanse pola presenza de musgos e fentos como é o caso do fento femia, o fento común e o real e o couselo que acompañan en gran medida o curso fluvial. Tamén salientamos a presenza no propio leito do río do pé de boi, cicuta e lentella de auga, ademais de especies invasoras como a falsa acacia, rafia e a cana de bambú , a herba da pampa, tintoreira, labaza e rubideiras como a correola son obxecto de control nas beiras do río.

Outras especies moi presentes son as ortigas en zonas con alto contido de nitróxeno, a lingua de boi, chantaxe, pé de boi, xuncos, mentaste, pé de oso, o xasmín, lodoeiro, Eupatorium cannabinum, estralote, viboreSenda_do_rio_caselas_1_as_covasira, Crepis capillaris, celidonia, cardo, falsa manzanilla, trevo. Entre as gramíneas máis representativas atopamos o dáctilo, briza, ballico, avea, etc.

Máis información na Guía micolóxica do río Caselas

O río Caselas vai a través do PR-G132 Ruta dos Montes da San Cibrán que acompaña ao Río dende o seu nacemento no Penedo Fendido, para dar paso no Rubal á Senda Fluvial e Parque Etnográfico do Río Caselas, pola marxe dereita do río, que consta de 2014 metros ata chegar ás Pontes, a estrada EP 2501. Realiza o corte transversal que conecta coa continuación da senda do Río Caselas a través da senda Valentín Paz Andrade, que durante os seus 1.350 metros percorre as ribeiras do Río Caselas dende As Pontes ata As Regadas. Neste tramo figuran 5 muíños restaurados: O muíño de Marcial, Muíño Senda_do_rio_caselas_3de Figueiras, Muíño da Laxe ou do Crego e dous muíños nas Covas. Neste tramo concidente coa estrada Provincial localízase o Pazo de Pegullal.  A unión a través do Carril bici permite a conexión entre o paseo e o centro da vila salcedense.

Ao inicio da senda Valentín Paz Andrade podemos contemplar un conxunto de paneis informativos sobre a vida deste, que comparte espazo cun conxunto de biosaudables e mesa con bancos de pedra, a incorporación nesta área de , carballo dos pantanos, que acompañan aos paneis informativos.

A 559 m atopámonos cun corte transversal coa estrada municipal da Paxariña que inicia o último tramo de sendeiro dende As Ribeiras ata as Regadas, que comeza polo Pombal de Antero un dos redactores do Xornal “El Despertar”, que se utilizaba como área de publicidade, e que hoxe en día foi restaurado respectando o poema inicial e as cores coas que fora pintado.

O paso do Río Caselas vai acompañado por un conxunto de terreos dedicados á agricultura, e conta con varios terreos destinados á plantación de vimbieiras, así como tamén de maceiras situadas nas proximidades da Senda Fluvial.

O transcurso da Senda fluvial Valentín Paz Andrade finaliza na parroquia de Cabreira a través dunha unión establecida por unha poldra que permite o paso ao Campo da Misión .

Máis información en: Libro de plantas do río Caselas e en Árbores do río Caselas.

A SENDA DOS HUMIDAIS

A senda dos humidais(Lat.  42° 6’00.49″N, Lonx. 8°37’31.49″O), atravesa o espazo Zona de especial conservación que ademais enlaza con outras rutas que permite coñecer como son; o Roteiro das ribeiras do Louro, o Roteiro das Gándaras de Budiño, ambos trazados polo concello do Porriño, ruta de As Greas (GR 58) e o Camiño de Santiago.

Para poder coñecer o trazado da devandita ruta pódese consultar no seguinte enlace (http://salcedadecaselas.es/wp-content/uploads/PDF/senda-dos-humedais.pdf)

Ter en conta este espazo é moi importante a ter en conta xa que segue conservando unha riqueza ecolóxica moi singular representada nos hábitats de interese comunitario que acolle (Directiva 92/43/CEE de Conservación dos Hábitats Naturais e da Fauna e a Flora Silvestres):

  • Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelia uniflorae).
  • Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
  • Breixeiras húmidas atlánticas de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix.
  • Depresións sobre substratos turbosos de Rhynchosporion.
  • Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition.
  • Turbeiras de cobertura.

A auga é a encargada de de finir este espazo presente nas grañas, ríos regatos, gándaras e regos. Este espazo está integrado polo espazo etnográfico Fonte muíños do Regueiro que forma parte da definición dos espazos que conforman o mosaico, e acollen unha vexetación presente na descrita na descrición das Gándaras de Budiño.