Salceda acolle unha charla do “Plan Maior Seguridade”

O Centro de Servizos Sociais da Devesa acolle mañá martes a partires das 16:00 horas unha charla dirixida ás persoas maiores do municipio, dentro do “Plan Maior Seguridade”. O Plan está impulsado pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior e desenrolado pola Garda Civil e a Policía Nacional. A charla no caso de Salceda estará impartida por membros da Garda Civil do Porriño, e preséntase con varios obxectivos:

  • Previr as principais amenazas detectadas para a seguridade das persoas maiores:
    • Maltrato nas suas distintas vertentes.
    • Roubos (nos seus domicilios; con violencia; especialmente no entorno das entidades financieiras…)
    • Estafas e uso fraudulento das súas propiedades, fondos, contas e cartillas de aforro por parte de terceiras persoas.
  • Fomentar a confianza das personas maiores nas Forzas de Seguridade e no desenrolo de conductas proactivas para a denuncia das situacións e delitos dos que poidan ser víctimas.
  • Perfeccionar a resposta policial na súa actuación coas persoas maiores.

 

Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social: “Estas iniciativas resultan fundamentais para os nosos maiores, xa que son as víctimas ideais ante timos, estafas e outros engaños. A mellor forma de protección debe ser a correcta información, e os maiores de Salceda teñen unha boa oportunidade con esta actividade”.