Co nome “Un destino, dous Países, 15 Concellos do Baixo Miño (Galiza) e do Val do Miño (Norte de Portugal) artellan tres días de actividades culturais, deportivas e gastronómicas. As xornadas ambientais “Experiencias Ecotur, Río Miño Transfronteirizo”, orientadas pola Unimiño, transcorren nos días 10, 17 e 18 de outubro, e son cofinanciadas polo POCTEP.
A macro rexión Galiza/Norte de Portugal preséntase como un “Destino de Excelencia” con potencialidades únicas. Das tres temáticas-bandeira elexidas para o evento (terra, río e estuario), cada participante terá a liberdade de deseñar o roteiro que considere máis cautivante. O obxectivo é despertar a vontade de experimentar motivos alternativos deste territorio noutras circunstancias, compartindo con outros potenciais visitantes.
A oferta de experiencias para os tres días é diversificada e orientada para diferentes segmentos a través de tres categorías de actividades que converxen nun compoñente de equilibrio: A “activa”, inclúe unha iniciativa deportiva máis esixente, unha temática gastronómica e unha vertente máis cultural; a “Bravo” posibilita unha visita a museos ou centros de interpretación e unha proba de enoloxía ou similar; e o “Convivio”, actividade de contido cultural.
Cada día das xornadas ambientais agrupa unha área de Concellos contíguos de ámbolos dous lados da marxe do Río Miño, existindo un Concello designado como “Base de operacións” onde dan comezo e rematan as actividades programadas. Adicado ao “Estuario”, o día 10 de outubro tivo a Vilanova de Cerveira como centro de actividades, podendo os participantes percorrer alternativamente os Concellos de Camiña, A Guarda, O Rosal e Tomiño. O segundo día, 17 de outubro, ten como base a Tui e conta con roteiros por Valença, Paredes de Coura, Monçao, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. Xa o terceiro e último día, 18 de outubro, versa sobre o tema “Terra” e decorre entre Melgaço (base), Crecente, A Cañiza, Arbo e As Neves.
A “Experieencia Ecotur” non esquece os máis pequenos, presentando propostas moi específicas para que poidan tamén desfrutar deste evento, coñecendo espazos de proximidade para visitar. Desta forma, en cada municiipio base (Cerveira, Tui e Melgaço) están aseguradas un conxunto de actividades lúdicas (xogos diversos, andainas, visitas guiadas, entre outros) para nenos/as e mozos/as con idades entre os 7 e os 16 anos, mentres os seus responsables poden adicarse exclusivamente aos roteiros.
Trees días, trees temáticas, innuumerables experieencias nun territorio e río común. Ofertas en diversas áreas que promove a posta en valor de cada Concello e de cada cultura.
O desafío está lanzado, déixate envolver por estas experieencias. Obtén mais información no Facebook en Experiência Ecotur e no link: http://tecpro.com.pt/uniminho/eventos/.