O luns 10 de Agosto tivo lugar a entrega de diplomas do primeiro campamento ciclista, que rematou o pasado venres 31 de xullo. Miguel e Gabriel foron os responsables de levar a cabo esta actividade organizada polo Club Ciclista Aragonta, e que contou coa colaboración do Concello de Salceda de Caselase da asociación Made in Salceda.
As xornadas, pese a ser a primeira vez que se facían, tiveron gran acollida. 18 nenos de entre 5 e 14 anos participaron neste Campamento Ciclista que tivo unha duración de dúas semanas nas cales os participantes ademáis de disfrutar do ciclismo facendo actividades variadas relacionadas coa bicicleta, tamén practicaron outros deportes como natación, sendeirismo, xogos populares e orientación con brúxula.
A iniciativa partiu dos propios monitores, que aproveitaron as instalacions municipais e a afección que hai en Salceda polo ciclismo para por en marcha esta actividade. Tanto para os organizadores como para os participantes a experiencia foi moi positiva e esperan poder repetir para o ano con mais participantes.