O sábado 16 rematou o curso de Coidados Básicos a persoas dependentes,na Casa da Cultura, ao cal asistiron un total de 25 persoas, nun total de 20h repartidas en 5 sábados consecutivos.
Os coidados sanitarios que necesita unha persoa maior, cómo atender a diversos casos que diariamente se poden repetir ou cómo actuar ante imprevistos é imprescindible para o coñecemento das persoas que teñen no seu entorno unha persoa dependente.
As persoas que coidan aos maiores deben de ter coñecemento dos coidados e actuacións que teñen que teñen que levar a cabo, por iso a importanci de recibir formación ao respeto, porque nos importan os nosos maiores e queremos darlle o mellor dos coidados posibles.
A Concellaría de Sanidade, dirixida por Loli Castiñeira, quere seguir con esta liña de cursos que continúen na liña dos coidados sanitarios imprescindibles tanto como para salvar a unha persoa como foi no Curso Básico de Primeiros Auxilios como de Coidados Básicos a persoas dependente.