Grazas a esta iniciativa, os cidadáns e empresas do municipio poderán beneficiarse das vantaxes que ofrece Liña Verde. Este servizo permite dar resposta a calquera consulta medioambiental prantexada, ademais de servir como canal directo de comunicación das incidencias que se detecten no equipamento urbano do municipio.
O Concello de Salceda de Caselas continúa coa posta en funcionamento do servizo Liña Verde. Desta forma ven de crear un canal de comunicación directo en temas medioambientais cos cidadáns e empresas do municipio.
Para acceder ao servizo Liña Verde basta con conectarse á web
www.lineaverdesalcedadecaselas.es Unha vez rexistrado, o usuario poderá prantexar calquera consulta a nivel medioambiental. Un equipo de expertos na materia, dará resposta nun prazo máximo de 24 horas. Ademais, tamén poderá poñer en coñecemento do Concello calquera incidencia que detecte no equipamento urbano do municipio.
Para facilitar aínda máis este novo canal de comunicación, o Concello de Salceda de Caselas implantou o servizo Liña Verde tamén a través de dispositivo móvil.
Para elo o usuario conéctase á web de Play Store ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu dispositivo móvil (Android / iOS). Selecciona a aplicación Línea Verde, e descárgaa de forma gratuita. Unha vez aberta a aplicación no teléfono, decide si plantexar unha consulta ou comunicar unha incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.
Para comunicar unha incidencia, basta con seleccionar a categoría. Por xeolocalización, a aplicación encárgase de detectar de forma automática as coordenadas exactas nas que se ubica a mesma. Aínda así, o usuario tamén pode facelo manualmente si decide enviar o aviso noutro momento dende outro lugar. Posteriormente, pódese adxuntar unha foto da incidencia con unha breve descrición. Unha vez enviada, o responsable nomeado polo Concello recibirá notificación da mesma.
A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. Unha vez resolta, o cidadán recibe unha notificación no seu móvil.
O servizo Liña Verde, ademais de tratarse dun canal de comunicación directo de consultas e incidencias, ofrece ampla información sobre lexislación medioambiental, sistemas de xestión, residuos, reciclaxe, contaminación acústica etc… Tamén serve como base de consulta sobre trámites administrativos, axudas e subvencións.
Liña Verde é un servizo completamente gratuíto. O cidadán e empresa do municipio pode beneficiarse das vantaxes que ofrece sen necesidade de levar a cabo ningunha contraprestación económica.
Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras: “Coa implantación deste servizo, o Concello de Salceda de Caselas pretende ofrecer aos cidadáns e empresas un canal de comunicación directo para así lograr un municipio que cumpla as normas básicas de convivencia e unha mellor calidade de vida”
Gabinete de prensa, 29 de xaneiro de 2015