Folla de Inscrición curso primeiros auxilios
A Concellaría de Sanidade continuando co programa do ano 2014 onde realizou unha Xornada de Primeiros Auxilios.
Este ano vai a celebrar o Curso de Primeiros Auxilios que terá un programa cun total de 20 horas. Impartido por Carlos Vale, docente encargado de dalo na anterior edición, completará a formación a través do curso Teórico-Práctico de Primeiros Auxilios.
A preferencia virá determinada a través do Rexistro de Entrada no Concello, para o que estará unha folla de solicitudes que a persoa interesada deberá cubrir, a partir do día 22-01-15. Tamén se poderá entregar na Casa da Cultura polas tardes.
O curso celebrarase os sábados de 10-14h dende o 27 de febreiro ata o 28 de marzo.
Para calquer dúbida consultar en : secretariaalcaldia@salcedadecaselas.es