A Concellaría de Tráfico do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Jose Luis González informa dos cortes de tráfico que se producirán mañá xoves por mor das obras de asfaltado da nova rotonda que se está a construír entre as Rúas Vigo, A Pedra e Avenida de Galicia. As restriccións terán lugar entre as 14:00 e as 22:00, e afectarán a estas tres rúas. Facilitaranse accesos alternativos pola zona da Devesa, que estarán sinalizados ao efecto.
Jose Luis González: “Pedimos disculpas polas molestias que se poidan ocasionar con estas trestriccións no tráfico. Seguimos a traballar na mellora da vila e estamos a falar dunha obra fundamental nunha zona que ata o de agora resultaba moi perigosa para conductores e peóns”.