Actividades deportivas 2013-2014 promovidas pola Concellería de Deportes a través das EDM

O Concello de Salceda de Caselas conta na actualidade coas Escolas Deportivas Municipais, dirixidas e coordinadas por Martín Acuña Vaqueiro e Juan José Rodríguez Estévez, baixo a supervisión da Tenente Alcalde Marina Cabaleiro, que tratan de responder as demandas deportivas cada día máis esixentes, tanto cuantitativamente como cualitativamente, de todos os veciños e veciñas do municipio.

As Escolas Deportivas Municipais tratan de transmitir ós cidadáns hábitos de vida saudables e perseguir o desenrolo integral dos nenos e nenas a través da actividade física e o deporte; As Escolas Deportivas Municipais propoñen distintas actividades co fin de acadar e mellorar as calidades físicas e psicomotrices dos rapaces e rapazas e maiores que o practican, para conseguir nenos/as e adultos máis hábiles, con boa coordinación e inculcarlles así un espírito de autosuperación e de colaboración cos demais.

Contaremos para este curso 2014-2015 con 9 actividades deportivas, englobadas en distintos equipos e categorías, coordinando ademais os horarios de adestramentos e partidos do Pavillón Municipal dos Deportes, o Pavillón do I.E.S Pedras Rubias (en convenio de colaboración coa dirección do I.E.S. Pedras Rubias), o Campo de fútbol de Penedo Redondo en Parderrubias, o campo de fútbol Municipal de A Gándara e o circuíto de Pump Track & Dirt de O Torrón.

Esta labor educativa e social sufrágase en gran medida coa subvención que a Concellería de Deportes de Salceda de Caselas ten destinada a promoción do deporte, para este ano temos asignada unha axuda de 22.551,40 €, ademais do mantemento das instalacións como limpeza, comunicacións, enerxía e o persoal de coordinación que e asumido integramente. Os/as alumnos/as pagan unha cota e en algún deporte específico o seguro obrigatorio.

Oferta deportiva temporada 2014-2015:

Fútbol

Baloncesto

Balonmán

Patinaxe

Tenis

Bádminton

Ximnasia acrobática

Fútbol sala

Pump Track&Dirt: actividade que se engade este ano como novidade no eido do deporte con bicicletas.

As inscricións poderán facerse no Pavillón Municipal de Deportes de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

Marina Cabaleiro, como Tenente Alcalde e responsable da área de Deportes está convencida de que estas actividades resultan atractivas para os rapaces e para os pais, O noso desexo de mellorar as actividades físicas e deportivas fan que cada ano se intenten introducir novas actividades, así como un equipo humano cualificado e con experiencia para ensinar as distintas actividades que se organizan.

Ademáis, a curto prazo, preténdese seguir organizando actividades deportivas para o público en xeral e outras para as vacacións escolares, tendo en conta os horarios laborais dos seus pais.

Foto: grupo de Ximnasia Acrobática das EDM participando nun festival solidario.

 

Actividades deportivas CRA (3,4 e 5 anos):

oferta deportiva 2014-2015 CRA rev oferta deportiva 2014-2015 CRA

 

Actividades deportivas Altamira (a partir de 6 anos):

Oferta deportiva 2014-2015 Altamira oferta deportiva 2014-2015 REV