A I Feria de Agricultura Ecolóxica e Artesanía inundou a Praza de Abastos de Salceda de Caselas para ofrecer unha ampla gama de produtos artesanais e ecolóxicos.
Foron 30 os postos que mostraban os seus produtos na Praza de Abastos de Salceda de Caselas, que aproveitando a afluencia de público asistente á XXII esta dos callos de Salceda, ofreceron os seus produtos a centos de asistentes que visitaron os diferentes postos.
Produtos hortícolas, viños, marmeladas, licores, pan, empanadas, produtos naturais para o noso coidado, coiro, roupa, talla en madeira e escultura en pedra, etc, compartían o espazo da Praza de Abastos.
A agricultura ecolóxica é unha alternativa na nosa alimentación na que se está a traballar fortemente dentro do departamento de medioambiente, dirixido por Cándido Lorenzo, e no que cada vez máis xente consume, sendo unha perfecta alternativa para os produtores e como recurso económico. E que mellor maneira que incluír a artesanía que coida os valores naturais e medioambientais.
O concello de Salceda está a facer unha forte aposta polo comercio de cercanía, investindo en proxectos que melloren a Praza de Abastos, para que volte a recobrar a importancia que sempre tivo en atención directa entre cliente e vendedor.