Descende o importe do Recibo de Urbana

Os recibos de IBI, tamén chamados “recibo de urbana”, reflexan este ano unha baixada na cota do seu recibo a pagar.

Este imposto que grava ós bens inmobles dos propietarios, están a chegar estes días ós domicilios dos veciños de Salceda coa baixada xa aplicada con respecto ó ano pasado.

 

Na reunión mantida o ano pasado polo Alcalde Marcos David Besada e o Concelleiro de Economía e Facenda José Luis González co Director da Xerencia Territorial do Catastro Fernando Baena, acordouse que o Concello de Salceda de Caselas se acollese á actualización dos valores catastrais por coeficientes establecidos na Lei de Presupostos Xerais do Estado ó mesmo tempo que se reduce o tipo impositivo do 0,60% establecido polo Goberno do Estado ó 0,53% establecido na Ordenanza Municipal de Salceda.

Deste xeito os vecinos e veciñas notarán nos recibos que lles están chegando estes días ós seus fogares unha baixada na cuota a pagar dun 3% con respecto ó recibo da urbana do ano pasado.

Marcos David Besada: “Intentamos non cargar con máis impostos ós veciños de Salceda, sobre todo nestes tempos de crise, porque somos conscientes de que hai xente que economicamente o está a pasar mal”

José Luis González, Concelleiro de Economía e Facenda: “a única maneira de seguir mantendo todos os servizos públicos que presta o Concello é axustar ó máximo os recursos municipais; logo con adicación e negociación conséguense resultados que permiten este tipo de medidas de contención de impostos e taxas”.

 

 

 

 

Salceda de Caselas a 27 de agosto do 2014

 

 

Gabinete de prensa do Concello de Salceda de Caselas.