O sábado 23 de agosto abrirá as suas portas ó público o circuito de Pump Track-Dirt Jump.
O circuito comenzará a súa andaina nun acto de inauguración que dará comenzo ás 17:00 horas e pechará cunha cronometraxe ás 20:00 horas.
Os interesados e interesadas en participar na carreira poderán realizar a súa inscrición enviando as solicitudes que xa teñen a disposición na Concellería de Deportes e na web do concello ó correo electrónico: madeinsalceda@gmail.com ou realizando a inscrición dúas horas antes nas instalación do propio circuíto. Se precisan ampliar información poden dirixirse a concellería de deportes (no Concello) ou a través do correo electrónico tenenciadealcaldia@salcedadecaselas.es
Segundo a Asociación Made in Salceda, que se encarga de organizar esta actividade xunto coa Concellería de Deportes, sinalan que “preparamos as instalacións nas que se vai realizar esta cronometraxe de pump track, buscando a diversión sen esquecer a velocidade e a fluidez particular deste tipo de circuítos e convidamos a todos aqueles e aquelas que practican este deporte a disfrutar dunha tarde na que se xuntará deporte e diversión”
Dende a concellería de deportes queren mostrar unha vez máis o seu agradecemento os mozos e mozas da Asociación Xuvenil, Deportiva e Cultural Made in Salceda que botaron unha man en todo momento e que se encargaron de darlle forma o circuíto. Por suposto tamén agradecer á Comunidade de Montes Veciñais de Entenza a cesión dos terreos sobre os que se realizou este circuíto cun orzamento municipal de 43913,61 euros que se destinou ademáis das pistas, á mellora da seguridade, accesibilidade e recuperación do entorno, que era outra das demandas históricas dos veciños e veciños da parroquia.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e concelleira de deportes, sinala a importancia de proporcionarlle instalacións ós deportes minoritarios, para que a xuventude teña espazos donde entrenar en condicións seguras e convida a todos e todas a coñecer estas novas pistas deportivas situadas o carón do CDL de O Torrón.
Autorización menores Inscrición participantes