As pistas multideporte da área deportiva de Altamira acollerán a próxima semana, do 14 ó 18 de xullo o I Torneo Futsal “Villa de Salceda”, con partidos de luns a venres ás 21:00, 22:00 e 23:00 horas.
Organizado por Autofibal e a Concellería de Deportes, este torneo de futbol sala xa leva inscritos 25 equipos dos cales 5 son femininos. A inscrición dos equipos é gratuíta e a data límite para inscribirse remata este venres 11 de xullo ás 22:00 horas.
Cóntase coa colaboración de varias casas colaboradoras do municipio e alrededores, tanto para os trofeos como para os agasallos.
Ademáis de trofeos para os tres primeiros das categorías masculino e feminino, tamén contan con premios especiais, entre eles ó equipo máximo goleador, trofeo a deportividade ou premio ó equipo máis divertido.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde “dende a concellería de deportes animamos a todos os veciños e veciñas a desfrutar do torneo e a aproveitar esta boa ocasión para coñecer as novas instalacións deportivas”