Varias voluntarias da Bolsa de Voluntariado de Salceda, organizan unha xornada de xogos para festexar o “Día da Familia”, 15 de maio.
A Concellería de voluntariado, dirixida pola Tenente Alcalde Marina Cabaleiro, acolleu esta iniciativa que partiu dunha das voluntarias. Tamén contou co apoio de varias alumnas que viñan de rematar a parte teórica do curso de Monitor de Tempo Libre realizado pola Concellería de Emprego e Formación.
Unha actividade espontánea que comenzou sen previo aviso na Praza do Concello,que como cada tarde estaba ateigada de pequerrechos, e que atraeu dende o primeiro momento a moitos curiosos, pequenos e maiores.
Tratouse de varios xogos e bailes nos que tiñan que participar os pequenos acompañados dun familiar.
Ó remate da xornada, as voluntarias repartiron uns pequenos agasaios, en nome do Concello, aos maiores (país, nais, avós..) e os rapaces e rapazas poideron degustar unhas lambetadas.
Marina Cabaleiro, “como concelleira de Benestar Social, quero resaltar a colaboración que sempre atopamos nos voluntarios e voluntarias da Bolsa de Voluntarios do Concello, ademáis as actividades en familia sempre fortalecen os lazos familiares e temos a experiencia de que sempre son moi ben acollidas por grandes e pequenos”