Actos con motivo do Día das Letras Galegas

O Concello de Salceda de Caselas, ao traverso da Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística que dirixe Teresa Pérez, súmase aos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas que terán lugar ao longo de todo o País.

No caso de Salceda, os actos comezan o venres 16, ás 18:00, na Casa da Cultura Castelao, con unha actividade de contacontos onde os máis pequenos poderán disfrutar e participar dos contos, valorando as relación de amistade e solidariedade e ao mesmo tempo fomentando o respecto polo medio. A sesión estará a cargo de María Carrera (Pinga Teatro), e enmárcase dentro do programa “Ler conta moito”, de dinamización de bibliotecas públicas. Para participar na actividade é preciso inscribirse previamente na mesma Casa da Cultura, pois o aforo é limitado.

O día 17, día propio das Letras Galegas, os actos trasládanse á Praza do Concello onde, a partires das 12:00, terá lugar a lectura continuada en torno á figura de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano. Na lectura poderá participar todo aquel que o desexe comunicándoo previamente na Concellaría de Cultura ou por mail en cultura@salcedadecaselas.es.

Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística: “Estamos ante unha das datas máis importantes para a nosa cultura e a nosa lingua, e dende o Concello de Salceda non queremos deixar de sumarnos aos actos de homenaxe a Díaz Castro e ás nosas letras en xeral”.

 

Gabinete de prensa, 14 de maio de 2014