A Tenente Alcalde Marina Cabaleiro e concelleira de emprego e formación visitou esta mañá a planta de Visteon Salceda, despois de manter unha reunión co responsable de Recursos Humanos, Óscar Failde.
O tema principal a tratar nesta visita era marcas as posibles liñas de actuación e colaboración entre o departamento de emprego do Concello e a fábrica de maior tamaño do municipio.
A concelleira, xunto con persoal da súa área, presentou o Plan Integral de Emprego que están desenvolvendo e que está agora na súa fase de inserción laboral, ademáis tiveron a oportunidade de comentar o funcionamento actual do CDL O Torrón e a bolsa de emprego que xestionan os técnicos no Centro de Desenvolvemento.
Esta visita está dentro da planificación da concellería para visitar empresas do municipio, coñecer as súas necesidades laborais e xenerar emprego.
A responsable da área de emprego, valorou moi positivamente esta reunión, a atención prestada e a visita a planta de traballo “tivemos a oportunidade de coñecer un proceso productivo donde se poñen todos os medios para garantir a calidade, a seguridade, e outros aspectos que dende a miña concellería consideramos indespensables como é a promoción da igualdade no traballo”.
A concelleira aproveitou para convidar ao Director da Planta, José Antonio Monje e ó Responsable de Recursos Humanos a coñecer o Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón para que poidan apreciar a súa función formativa e de promoción do emprego. Nesta liña tamén ofrecen ás empresas formación específica a desempregados para os postos demandados, facilitándolle así a inserción laboral.
Marina Cabaleiro “a administración local precisa realizar políticas activas de emprego para intentar solventar as carencias de outras administracións. A situación na que están moitos dos nosos veciños e veciñas é preocupante, polo tanto seguirei insistindo na implicación persoal como método de traballo”.