O Concello de Salceda de Caselas, ao traverso da Concellaría de Vías e Obras que dirixe Fortunato Álvarez, está a executar a mellora e asfaltado das pistas de Pegullal e Casás, co obxectivo fundamental de mellorar a Rede Municipal de Viais. Na actualidade estas estradas atopábanse bastante deterioradas, xa que son vías moi transitadas. Con esta obra preténdese, ademáis do asfaltado das pistas, o ancheamento nas zonas máis estreitas, que se está a levar a cabo grazas á cesión de terreo que están a facer de xeito gratuíto os propietarios dos terreos lindantes en ámbalas dúas pistas.
O tramo mellorado no caso de Pegullal é de 430 metros. Trátase dun vial con bastante tráfico, que comunica o casco urbano de Salceda co Pazo de Pegullal no que se atopa a Capela de San Bieito, que acolle dúas romarías ao ano con grande afluencia de visitantes. O orzamento é de 50.248,27 €.
No caso de Casás, trátase dun tramo de 527 metros, tamén con numeroso tráfico sobre todo en horas puntuais, posto que dá acceso á Escola Infantil Xoaniña á que acoden preto dun centenar de cativos de 0 a 3 anos. O orzamento é de 34.922,06 €.
O plazo de execución das obras é dun mes, e están transcorrindo a moi bo ritmo e sen incidentes, garantindo en todo momento a seguridade tanto para os traballadores como para os vecinos e veciñas.
Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras: “seguimos a mellorar a nosa Rede de Viais. Agradecemos as facilidades dos veciños e veciñas colindantes coas estradas en obras, que están a ceder metros de terreo para anchear os viais e conseguir así unhas estradas máis transitables para todos e todas”.