Esta carreira popular, que se realiza por segundo ano consecutivo, contou con máis de 800 atletas repartidos nas distintas carreiras que percorreron 10000, 2500, 1000, 500 e 150 metros, segundo a categoría na que participaban.
A carreira absoluta, que tivo a súa salida ás 10:30 horas, percorreu 10000 metros por varias das parroquias do concello, incluindo o paseo do Río Caselas, ademáis de parte do casco urbano. Nesta carreira absoluta os mellores tempos foron para Akka Essaadapui (35,26 min.), José Carlos Ferreira González (36,08 min.) e Cesar Costas Álvarez (36,07 min); no caso das féminas os mellores tempos foron para Iria Fernández Fontenla (38,18 min.), Rocío Rodríguez Martínez (39,30 min.) e Ana Belén González Garrido (42,58 min.). No caso da mellor salcedense nas categorías absolutas, o premio foi para Montserrat Alvarez Da Silva e na categoría masculina para Roberto Mata Martínez.
No resto das carreiras participaron rapaces nados entre os anos 1999-2001 (categoría A-2500 metros), do 2002-2004 (categoría B-1000 metros), nados entre o 2005-2007 (categoría C – 500 metros) e a partires do 2008 (categoría pitufos – 150 metros).
A Concellería de Deportes, que dirixe a tenente alcalde Marina Cabaleiro quere agradecer especialmente a colaboración da Bolsa de Voluntarios de Salceda, Policía Local, Escolas Deportivas Municipais e empregados do concello que se volcaron na organización deste acto. Ademáis das casas colaboradoras que subvencionaron os agasallos que se entregaron cos trofeos.
Marina Cabaleiro quere destacar a alta participación neste evento, “nunha mañán na que o atletismo popular mandou nas nosas rúas, unha mañá deportiva e solidaria na que ademáis se recolleron máis de 700 Kg. de alimentos para o Programa de Alimentos do Concello”