A Concellería de Facenda do Concello e Salceda ven de facer público o informe de pago a proveedores para a loita contra a morosidade, dos últimos dous trimestres do ano 2013. O que conleva a unha importante baixada no periodo medio de pago das facturas pertencentes aos proveedores do concello, que se sitúa en 34 días, o que representa unha baixada en máis de 120 días con respeito ao mesmo periodo do ano 2012.
No último trimestre do 2013 pagouse un total de 473 facturas cun importe total de 646.291 €. Esta rapidez de pago a proveedores conleva a non ter que realizar o pago de xuros, xa que ningunha empresa reclamou ao concello por falta de impago, non habendo ningunha factura na que pasaran máis de tres meses sen o recoñecemento da obriga.
Jose Luis González, Concelleiro de Facenda incide na importancia de “ter o pago ao día das empresas coas que traballa o concello para permitirlles, nestes tempos difíciles a maior solvencia posible, sobretodo cando a maior parte das mesmas son empresas locais, Esta medida permite potencia o emprego e revitalización do comercio local”.
“Estamos a cumprir cos nosos proveedores, sobretodo durante épocas difíciles onde moitos comercios teñen que pechar debido a existencia de débedas de terceiros, que, en moitos casos estas contías permitirían a solvencia das empresas. Hai que favorecer aos comerciantes locais na medida do posible, adoptando medidas de potenciación do mercado local e pagando o que se lles debe”. Asgura Marcos Besada, Alcalde de Salceda.