Remate do curso de Hostelería do Plan Integral de Emprego
Dentro da actividade diraria do CDL O Torrón, o pasado martes rematou o curso de Hostelería impartido nestas instalacións, dentro da formación do Plan Integral de Emprego que xestionan conxuntamente Ponteareas e Salceda de Caselas.
Os propios alumnos e docentes prepararon unha exquesita mostra de aperetivos e doces que os asistentes a esta pequeno acto de peche puideron degustar. Ademáis das dúas concelleiras de emprego de ambos concellos e dos técnicos encargados dos proxectos, tamén puideron degustar desta ampla variedade de productos os alumnos dos cursos de Graduado en ESO e Monitor de Tempo Libre que se desenvolven na actualidade o Centro de Desenvolvemento Local O Torrón.
Neste curso tratáronse as técnicas básicas para que os futuros cociñeiros/as e tamén camareiros e camareiras se movan con sultura entre sarténs, coitelos, texturas, sabores e aromas.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e concelleira de emprego “en resumo, nesta actividade formativa fomos capaces de sentar as bases para que o alumno ou alumna se poida enfrentar a calquera reto culinario, e esperamos conserguir a insercción laboral de moitos deles”.