Apertura do prazo de inscrición do 2º Taller de Recuperación de memoria Trátase de diferentes actividades encamiñadas a potenciar a memoria como recurso para mellorar a calidade de vida. É decir, obradoiros para activar a memoria a través de actividades de cálculo, orientación, xogos, charlas… Un proxecto que se levará a cabo, grazas a colaboración que a oficina de La Caixa de Salceda mantén coa Concellería de Benestar, por segundo ano consecutivo.
O programa vai dirixido a persoas maiores de 60 anos do Concello. As actividades levaranse a cabo o longo dos meses de marzo, abril e maio no Centro Social de A Devesa. As persoas interesadas poderán inscribirse dende agora mesmo e ata o próximo 22 de febreiro no Rexistro do Concello.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área considera que “é importante ter en conta todos os aspectos desta actividade, que ademáis de exercitar a memoria favorece a creación dunha rede de relacións persoais coñecendo xente a través destas xornadas de convivencia. En definitiva, unha oportunidade para coñecer, exercitar, desenvolver e gozar da nosa memoria”.