O grupo de Teatro de Xoaniña súbese de novo o escenario para representar a “1000 campanas soan no meu corazón” onde a música ten un papel moi importante. Dirixidos de novo por Xerpo Cultural, esperamos que esta nova posta en escena do Grupo de Teatro de Xoaniña cumpla o seu fin que non é outro que divertir ós pequenos e non tan pequenos e pasar unha agradable tarde de domingo.
A cita será o vindeiro domingo 3 de Xuño as 20:00 horas no Auditorio de Salceda e o prezo da entrada será en alimentos…si.
Todo o entregado/recadado será entregado no Programa de alimentos do Concello de Salceda. Esperamos veros a todos e que disfrutedes coa nosa actuación. E como sempre, gracias a tod@s por participar e apoiar tódalas iniciativas que levamos a cabo.
Sen a vosa axuda non sería posible.