A primeira feira do Troco de Salceda, organizada por Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Benestar Social, comenzou a súa andaina o pasado 15 de xaneiro, tendo unha moi boa acollida dos veciños, asegurando a súa continuidade que pretende ser bimensual.
Esta iniciativa que se suma á de recollida de xoguetes realizada na campaña de nadal, nace co obxectivo de darlle unha segunda oportunidade a todos eses obxectos que temos na casa, que xa non usamos e que sempre hai alguén que os pode necesitar.
Unha feira sen cartos, que neste tempo de crisis é moi valorada polos veciños. O troco é unha opción sostible, neste momento en que todos debemos apretar o cinturón, agudizar o inxenio e buscar solucións.
Marina Cabaleiro “E a forma de intercambio máis antiga do mundo e é habitual que recobre importancia en época de crisis; ainda que pareza algo esquecido, actualmente está resurxindo con forza. Neste contexto, e como proba diso, nace Troca Salceda, como alternativa o sistema de compra-venta. Unha maneira de promover o consumo responsable, a reutilización e a reciclaxe”
A próxima feira celebrarase o 18 de marzo, na praza do Concello ou no caso de que o tempo non sexa axeitado no Auditorio Municipal.
Xa está en marcha o facebook “Troca Salceda” que os usuarios poden usar como escaparate cara o próximo mercadiño.