O Caselas F.C., que ascendeu esta tempada a Rexional Preferente, atópase inmerso na renovación da súa directiva. Existe xa un proxecto, con afán localista, tratando de sacar adiante a súa canteira. O obxectivo, ademáis de buscar todos os apoios posibles para aumentar o número de socios, necesario para que todos estes deportistas se sintan arroupados pola súa afición.
Proxecto deportivo que pretende consolidar o equipo da preferente nesta categoría, na que estivo a maior parte da súa historia, incorporando novo adestrador David Rivada, novo preparador físico Abel Rodríguez, e sete xogadores formados nas categorías inferiores do clube e que nas anteriores tempadas estiveron xogando en equipos de concellos veciños. Tales son os casos de Cristian, José Angel, Borja, Jose “Telmo”, Lino, David e Migui. Do mesmo xeito, mantéñénse na plantilla desta nova tempada xogadores importantes que acadaron o ascenso (Gabriel, Rafa, Denis, Charly, Rubén, Manu, Hugo, Berto, Bugallo, Toñi, Samuel, Rafita e tres xogadores máis por confirmar).
Outro aspecto importante é a creación dun equipo “B”, en categoría de terceira autonómica.
A nova directiva que vai desenvolver este proxecto será refrendada na Asamblea que terá lugar o vindeiro martes, 23 de xullo.
Marina Cabaleiro, concelleira de deportes, da o seu apoio a este proxecto e non dubida en facer un esforzo extra para que todos os rapaces e rapazas que se forman nas nosas escolas deportivas non teñan que sair fóra do noso concello para xogar ao futbol.