O domingo 14 de outubro o Clube Ciclista Aragonta organizou a “V marcha BTT Raíña Aragonta”. A saída tivo lugar no parque Raíña Aragonta e comenzou precorrendo o centro da vila.
Arredor de 400 participantes.
A continuación a marcha dirixiuse a zona do parque dos Agoeiros.
Os dous primeiros avituallamentos tiveron lugar nas inmediacións da Fraga do Rei e en San Cibrán.
Despois de 35 km. chegaron o punto de partida donde todos os participantes puideron degustar unha tapa de callos.
O traxecto desenvolveuse sen incidencias importantes.
Á devolución do dorsal entregóuselle a todos os participantes unha foto persoal de cada un cruzando o río Caselas.
Agradecementos.
Ademáis da colaboración do Concello, a directiva e compoñentes do Clube Ciclista Aragonta queren agrader a todos os patrocinadores, Comisión de festas da Virxen da Concepción, Policía Local, GRUMIR, motos, quads e demáis persoal de apoio que colaborou para que esta proba tivese tanto éxito.
Dende a Concellería de Deportes, Marina Cabaleiro quere darlle a noraboa o Clube pola organización desta actividade, “é moi importante para Salceda que se fagan este tipo de eventos deportivos e por suposto, dende o Concello seguiremos colaborando para que se poidan levar a cabo”.