O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar a primeira ordenanza municipal reguladora da actividade dos furanchos. A ordenanza ven de entrar en vigor este mesmo mes, despois da súa aprobación inicial o pasado mes de decembro e sen que se producise alegación algunha ao texto proposto dende a Concellaría de Comercio que dirixe Loli Castiñeira.
Os pequenos productores de viño locais que desexen abrir un establecemento deste tipo para vender os seus excedentes poderán facelo ata un maximo de tres meses cada ano, entre o 1 de decembro e o 30 de xuño. Para elo terán que cursar a correspondente solicitude no Concello e cumplir o estipulado pola recén aprobada ordenanza. Entre outras cuestións, o propietario do establecemento deberá ter contratada unha póliza de responsabilidade civil. O requisito fundamental radica en que o furancheiro terá que acreditar que é productor de viño, e toda a súa viña debe figurar no Rexistro Vitícola de Galicia. Por outra banda, debe aportar unha análise do viño que desexe vender, garantindo así que o producto é apto para o consumo. Queda prohibida tamén a venta de viño embotellado. En canto ás tapas, os furanchos poderán ofrecer ata un máximo de cinco tapas para compañar os viños, escollidas dunha listaxe previa.
Coa posta en marcha desta Ordenanza aténdese a demanda de diferentes asociacións de Veciños e Culturais de Salceda.
Loli Castiñeira, Concelleira de Comercio, congratúlase da entrada en vigor desta ordenanza, que vai permitir o desenrolo da actividade furancheira dun xeito ordenado e coas máximas garantías para propietarios e clientes. “Os furanchos ofrecen unha oportunidade única para que os pequenos productores vendan os seus excedentes, pero resulta fundamental que se faga dun xeito ordenado e sen causar prexuicios ao resto do sector hostaleiro”.