Rematado o Programa Xuntas de xestión compartida entre os Concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves compre unha valoración do Programa, consolidado nesta segunda edición conxunta, e financiado pola Unión Europea a través de Fondos Europeos e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia co obxectivo de previr a a violencia de xénero e de mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
Destaca a implicación dos tres equipos de goberno dos concellos, así como dos equipos técnicos municipais, co que se estivo coordinado permanentemente. Tiveron moi claro dende o principio o tipo de usuarias ao que ía dirixida esta intervención o que facilitou o enfoque dos Obradoiros que, aínda que xa estaban deseñados e adaptados á poboación, se foron readaptando a medida que avanzaban as horas formativas e de asesoramento. Exactamente o mesmo pasou coas visitas a empresas. O ano pasado visitouse a Zona Franca para coñecer a PLISAN e por elo a visita elixida este ano foi á fábrica ALBO.
Aos Obradoiros vencellados co emprego asistiron fundamentalmente mulleres en situación de paro, coidadoras e mulleres en búsqueda activa de emprego que posibilitou unha intervención personalizado, directa coas participantes e un maior coñecemento dos seus perfís e intereses. O Servizo de Atención Psicolóxica, Xurídica e Laboral tivo moi boa acollida e algunhas mulleres manifestaron o seu interese en poder seguir sendo atendidas por un servizo destas características.
Compre lembrar que non hai CIM nestes concellos. Por elo, o só feito de dispoñer dun espazo específico para expresar a profesionais as súas problemáticas e preocupacións, as súas carencias persoais, as súa dúbidas xurídicas, o feito de ser escoitadas, de traballar a inserción laboral con profesionais, foi unanimemente aplaudido polas usuarias.
Traballouse con moitas mulleres, participantes de todas as idades, cunha clara disparidade de perfís pero todas con factores de vulnerabilidade. Algunhas delas nunca traballaran con remuneración e outras querían reincorporarse despois de anos afastadas da vida laboral fundamentalmente por ter que coidar a persoas de seu entorno. Outras eran vítimas de violencia de xénero, emigrantes retornadas ou inmigrantes que se atopan coas dificultades de atopar traballo en categorías profesionais acordes ca súa formación. A maioría non teñen títulos convalidados polo que houbo moitas consultas administrativas desta índole. Tamén moitas usuarias eran mulleres con cargas familiares non compartidas ou con baixa cualificación.
No Programa tratouse de elaborar o perfil profesional, coordinadamente co traballo realizado nos Obradoiros de carácter laboral e se elaboraron os CV, incorporando habilidades, desempeño, aptitudes etc… As fontes de información para o seguimento foron indicadores como o nº mulleres participantes, a participación en actividades, asistencia aos obradoiros e o nº de consultas e asistencias, nº accións de difusión, o impacto en medios e redes sociais e o seguimento personalizado a cada participante.
O Programa XUNTAS, tal e como se pensou, reduxo os costes e tamén mellorou a eficiencia na prestación dun servizo tan especializado. Sen dúbida, e á espera dunha valoración a media prazo, a intervención pódese cualificar de moi positivo, cun importante impacto nas usuarias, aportando ferramentas de autoestima, saída de situacións de violencia e medre persoal e laboral, con maior coñecemento de dereitos e recursos. Ademáis, fomentouse a participación social mediante estratexias e ferramentas para a mellora da vida das participantes, a saúde física e mental, a situación laboral e a eliminación de atrancos múltiples provocados pola situación de especial vulnerabilidade e se reforzou a erradicación das discriminacións existentes, sumadas á desigualdade estrutural.
- O concello
- Emprego e formación
- Turismo
- Concellarías
- Información municipal
- Directorio
- De interese
- Perfil do contratante
- Formularios e impresos