Salceda aposta pola formación para abrir camiños na búsqueda de emprego

630 solicitudes para este plan de formación.

A área de formación pechou o prazo de presentación deste novo ciclo con 630 solicitudes. Dentro desta primeira parte de formación vanse levar a cabo os seguintes cursos:

– Curso de manipulador de alimentos.

– Informática básica.

– Búsqueda de emprego por internet.

– Manexo de carretilla elevadora.

– Preparación das probas para a obtención do graduado en ESO.

Xa tiveron lugar os cursos de manipulador de alimentos nos que se formaron arredor de 120 persoas en varias quendas, posto que a demanda desta formación era moi alta.

No mes de decembro ademáis dos cursos de informática básica e búsqueda de emprego por internet, darán comenzo os grupos de formación para adultos, no que se prepararán as probas para o Graduado en ESO. Este curso terá unha duración de 4 meses e levarase a cabo en distintos turnos de mañá e de tarde, dous día por semana, tratando así de ampliar a participación á maioría dos inscritos.

Tamén se realizará na semana do 9 ao 14 de decembro, o curso de “Manexo de carretilla elevadora”, no cal se contabilizaron 219 interesados para só 15 prazas.

 

Este primeiro ciclo inclúe aqueles cursos donde existe maior demanda.

Dende a concellería de emprego e formación do Concello de Salceda de Caselas, considerán sumamente importante a formación a hora de buscar emprego, polo que tratan de facer os cursos que máis se axusten aos perfís dos desempregados do municipio.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área “para nos é moi importante dar resposta a demanda dos veciños e veciñas de Salceda e 630 solicitudes veñen a demostrar que a xente demanda esta formación e que temos que seguir traballando para dar cabida a tódalas necesidades formativas, especialmente do colectivo de desempregados”.

Xornada de Divulgación do Cooperativismo o próximo 27 de novembro

Paralélamente a estes curso e tamén no Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, no concello de Salceda de Caselas o próximo martes 27 de novembro celebrarase unha xornada de divulgación do cooperativismo.

O horario de celebración será de 10:30 a 13:30 horas. Os interesados poden recoller información na concellería de emprego ou na oficina do técnico de emprego, ou tamén remitindo a ficha de inscrición que está na páxina web do Concello aos correos electrónicos: tenencia dealcaldia@salcedadecaselas.es / tle@salcedadecaselas.es ata o luns 26 de novembro.

Esta xornada celébrase dentro da Programación de Actividades de Fomento do Cooperativismo 2012 da Oficina de Cooperativismo da Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo en colaboración cos concello de Salceda de Caselas, O Porriño, Mos e Salvaterra de Miño.

Marina Cabaleiro, concelleira de Emprego e Formación do Concello de Salceda de Caselas quere animar a participación nesta xornada “nos momentos actuais a fórmula da cooperativa pode ser unha alternativa para o emprego; e todas as administracións temos a obriga de poñer os nosos recursos a disposición de aqueles emprendedores que teñan un proxecto viable”