O equipo de goberno local deu a benvida ás novas incorporacións de persoal contratadas ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.
O persoal contratado ocupará postos de traballo para facer fronte a diferentes tarefas en diferentes servizos que presta o concello como os de Medio Ambiente, Administración, Orientación Laboral, Conserxería, Biblioteca e Mantemento de dependencias municipais.
A tipoloxía de postos de traballo que se ocuparán grazas a estas contratacións serán 6 persoas para os postos de peón de xestión de residuos, 2 persoas para os postos de peón forestal, 1 persoa para os posto de conserxe/bedel, 1 persoa para o posto de auxiliar administrativo, 1 persoa para o posto de condutor/a de camión, 1 persoa para o posto de bibliotecario/a e 1 persoa para o posto de Técnico/a de Orientación Laboral.
As novas incorporacións terán un contrato de sete meses de duración a xornada completa.
Gabinete de prensa, 28 de marzo de 2023