A carreira “Corre x Salceda” retorna coa súa IX edición

O vindeiro 8 de maio celebrarase de novo, a carreira popular “Corre por Salceda”, que este ano se retomará cumprindo a súa IX edición, despois do obrigado parón provocado pola pandemia.Trátase dunha proba organizada pola Concellería de Deportes e as Escolas Deportivas Municipais, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

A carreira se desenvolverá polo casco urbán e por algunhas das sendas do municipio, e constará das seguintes categorías:

  • Categoría absoluta(anos 2006 e anteriores) de 10 km e 5 km con saída conxunta as 10:30 horas
  • Resto de categorías(escolares e menores) con saída a partires das 12:15 horas

A categoría absoluta de 10 km de distancia será, como en anteriores edicións, proba puntuable(ruta) para o Circuito Galego de Carreiras Populares 2021/2022.

A entrega de premios realizarase na Praza do Concello a partir das 13:00 horas.

As persoas participantes deberán inscribirse na páxina www.championchipnorte.com ata o próximo martes 3 de maio e poden obter toda a información necesaria na páxina do concello www.deportesalceda.gal ou dirixíndose a Concellería de Deportes ou ás Escolas Deportivas Municipais.

Rubén González Coto Concelleiro de Deportes destacou a satisfacción de que o concello poida reanudar paulatinamente as diferentes probas e eventos do seu calendario deportivo con total normalidade e máxima afluencia de participantes.

Verónica Tourón Alcaldesa “Retomamos con moita ilusión algunhas citas e actividades deportivas no noso concello co obxectivo fundamental de mellorar o benestar físico e mental das persoas participantes despois destes dous duros anos de pandemia”.

 

Gabinete de prensa, 22 de marzo de 2022