Manténse en 92.051 euros o importe das subvencións que se van repartir entre as distintas asociacións do Concello para así poder continuar promovendo a actividade de clubs deportivos, culturais , educativos e sociais cos mesmo importes do ano pasado, a pesar dos recortes que estamos a sufrir dende outras administración. No eido deportivo asignaranse 50.051€ para os distintos colectivos como C.F.Caselas, C Baloncesto Caselas, C Balonmán Caselas, C. Ciclista Aragonta e as Escolas Deportivas.
No eido cultural a partida destinada ascende a 35.400€ que vai a repartir entre os distintos Centros Culturais parroquiais, Asociacións veciñais, para o Entroido, as dúas corais do Municipio e a Asociación de Amigos da Música.
Ademáis destinarase 3.000€ para a Asociación de Xubilados, 2.400€ para os colexios IES Pedras Rubias, e 1.200 € para o CEP Altamira.
A inversión prevista nos orzamentos que o Concello prevé executar con Fondos Propios ascende a 372.394 euros, incrementándose o importe con respeto ó ano pasado nun 8,93%, e que será repartida nun total de 17 actuacións, destacando os 100.000 euros do segundo pago dos terreos expropiados no 2005 para a construcción do Parque Raíña Aragonta, unha mellora dos accesos a través da nova senda peonil entre a zona educativa e deportiva de Altamira e a Lagoela en Parderrubias , un plan de sinalizacións en todas as parroquias do concello, melloras na recuperación e accesibilidade ó CDL o Torrón e ó parque Raiña Aragonta para crear novos espazos para a xuventude. Créase unha partida para a compra dunha marquesina de autobuses maís grande na parada da Devesa e a compra dun novo vehículo de transporte para servicios multiples municipais. Tamén se contemplan obras complementarias no tocante a seguridade e accesibilidade no paseo do río Landres e no entorno da fonte das Carballas, así como para o Arquivo Municipal de Imaxen de Salceda.
Aumenta a partida para o arranxo de pistas e camiños veciñais nas parroquias ata os 58.000 euros así como 26.000 euros para a reparación e conservación de edificios euducativos. Tamén se ve incrementado a cuantía para formación na búsqueda do fomento do emprego con 29500 euros, así como a creación dunha partida para asumir o capago hospitalario dos enfermos internos nos hospitais públicos.
O resumo de gastos según os distintos programas desglosase da seguinte maneira: Para servizos públicos básicos (seguridade, mobilidade cidadá, vivenda, urbnismo, benestar e Medio Ambiente)destinarase 1.315.895,45€, para actuacións de protección e promoción social (Servizos sociais e Fomento de Emprego) 583.210,20€, para bens públicos (sanidade, ensino, cultura e deportes) 691.086,32€ e para actuacións de caracter económico 246.205,15€ e para actuacións de caracter xeral (Servizos Xerais a Administración Financieira e Tributos 1.063.713,99€.
Os orzamentos acadan unha nivelación no apartado de gastos e ingresos para que o concello poida facer fronte ó pago a proveedores baixo criterios de estabilidade orzamentaria.
O concelleiro de Facenda José Luis González , asegura que “aprobamos uns orzamentos traballados e responsables con Salceda de Caselas. Imos acometer obras de grande importancia para os veciños e veciñas e imos a seguir asumindo a responsabilidade que o pobo nos otorgou dende 2007”.
Marcos Besada, alcalde de Salceda, “a nosa prioridade é manter os servizos públicos que ofrece o Concello, e para iso estamos a xestionar de modo responsable os recursos cos que contamos, ofrecendo obras e servizos que contribúan á mellora da calidade de vida no noso municipio”