O Concello de Salceda de Caselas ven de poner en marcha un parque de calistenia – Street work out na zona deportiva de Altamira orientado ao público xuvenil dando así resposta á demanda presentada por este colectivo para contar con espazos apropiados para eles. Trátase dunha zona de práctica de deporte ao aire libre e en grupo, que sen dúbida resulta atractiva para este colectivo, e que ven a completar a zona deportiva de Altamira na que xa se atopa o pavillón deportivo, a pista de padel e as dúas pistas polideportivas ao aire libre.
A creación deste novo espazo de lecer supuxo un investimento de 16.291,25 €, financiados pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2017.
Para a creación do espazo precisáronse traballos previos de acondicionamento do terreo e creación das bases de formigón precisas para a instalación dos compoñentes, así como o suministro dos diferentes elementos que forman a área de calistenia: barra de saltos, abdominal dobre, patíns, timón e calistenia – Street work out.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “seguimos a crear novos espazos para a nosa xuventude, e facémolo tras escoitar as súas demandas e inquietudes. Salceda ten a sorte de ser un dos Concellos coa idade media máis baixa de todo o País, polo que centraremos os nosos esforzos en ofrecerlles as mellores instalación”.
Gabinete de prensa, 01 de novembro de 2019