Roteiro “Salceda Festbier”

roteiro festbier

O domingo 8 de Xuño ten lugar dende o torreiro da Igrexa de Santa María, o I Roteiro “Salceda Festbier” que partirá ás 10:00 para facer un percorrido circular de 10km. Contará cun avituallamento a metade de camiño.

Coincidindo ese fin de semana coas diversas actividades que vai a organizar a Comisión de Festas Virxe da Concepción que teñen comezo o venres día 6 para rematar coa festa do polo o día 8, perfecto remate para todos e todas as camiñantes que realicen ese percorrido.

Para poder inscribirse na andaina solicitamos se faga a través do correo electrónico de medioambiente@salcedadecaselas.es.

O Concello de Salceda de Caselas organiza esta Andaina en colaboración coa Comisión de Festas Virxe da Concepción, coincidindo coa Festa do polo asado. Apúntate e disfruta deste fin de semana en Salceda!!!