II Festa da Angula en Soutelo

A SEGUNDA FESTA DA ANGULA CHEGA A SOUTELO ESTE FIN DE SEMANA.

Repítese por segundo ano consecutivo a II FESTA DA ANGULA en Soutelo.

A iniciativa deste festexo partiu da Comisión de Festas do pasado ano, a presente comisión dalle continuidade a esta cita gastronómica.

Esta cita está marcada no calendario para o domingo, 11 de maio, a partires das 11 da mañá na área recreativa do Borralliño.

O prezo da ración de angula será de 28 € , pero se se merca de xeito anticipado nos seguintes números de teléfono 639.436.857 /600.932.342, o prezo será de 25 €, inclúe pan e viño. Ademáis a oferta completarase con venta de callos e empanada de pan de millo.

Unha ruta moteira con saída dende Mos e remate no Borralliño, é outro dos atráctivos cos que conta esta festa. Poderán inscribirse todos os moteiros que o desexen nos teléfonos indicados anteriormente.

Na presentación do evento os membros da comisión de festas destacaron a especial importancia que ten a angula, ou tamén chamado meixón, nesta parroquia salcedense. Quixeron deixar de manifesto que esta festa non sería posible sin a colaboración dos Viveiros de Soutelo, a Comunidade de Montes e o Concello de Salceda.

Convidan a todos e a todas a participar nesta xornada, unha estupenda maneira de pasar un domingo en familia.

 

 

 

 

 

 

COMISION DE FESTAS SAN LIBORIO 2014