Salceda inicia a contratación da redacción do proxecto da nova rúa
O Concello de Salceda traballa xa na adxudicación do contrato de redacción do proxecto da nova rúa que pretende abrir entre a Praza do Concello e a Rúa Brasil. A Alcaldesa e encargada do departamento de urbanismo, Loli Castiñeira, aposta nesta ocasión porque sexa un traballo conxunto entre Rubén Martín Vázquez Pérez e Mun arquitectura, ambos con ampla experiencia no urbanismo de Salceda de Caselas. Para financiar a redacción deste proxecto, dende o Concello vaise presentar solicitude ao abeiro da liña 4 do Plan Máis Provincia 2025, para o cal Salceda conta con un total de 18.635,01€.