O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Parques e Xardíns, está a acometer obras de mellora en diferentes parques infantiles existentes ao longo do municipio. Nesta ocasión estanse a realizar melloras no parque infantil de Barreiro, ubicado no entorno do centro cultural. O proxecto, que conta cun orzamento de 13.055,90 € asumidos con fondos propios do Concello, conleva a reparación dos elementos máis deteriorados e a instalación de outros xogos para completar o espazo, así como o adecentamento de todo o entorno, incluído a colocación dunha valla que garanta a seguridade dos nenos e nenas. A reforma lévase a cabo en coordinación coa directiva do centro cultural, que lle trasladou a necesidade á alcaldesa Loli Castiñeira.
Esta obra de mellora súmase ás xa realizadas nos parques das parroquias de Soutelo, Parderrubias, Entenza (Torrón), Picoña (Arrotea) e San Xurxo. O Concello seguirá coa realización das obras de reparación e melloras precisas nos demais parques das parroquias, para o que se está a realizar xa un traballo de avaliación naqueles parques que precisen algún tipo de intervención. Hai que lembrar o enorme crecemento poboacional de Salceda, que chegou a alcanzar a taxa de natalidade máis alta de Galicia, o que fai precisas actuacións deste tipo dirixidas á poboación infantil.
Tamén nos parques infantiles existentes no casco urbano Parque Aragonta e Parque da Gándara), se levaron a cabo obras de reparación dos columpios existentes, así como a sustitución dos que se atopaban en peor estado. Ademais nestes parques habilitáronse sendas que posibilitan a accesibilidade aos columpios inclusivos recentemente instalados polo Concello, completando así o proceso de apertura dos parques para todos os nenos e nenas. No vindeiro mes de outubro será a quenda do parque instalado na Praza do Concello, na entrada do Auditorio Municipal, que tamén verá renovadas e melloradas as súas instalacións.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Seguimos a traballar nos espazos adicados aos máis cativos, nunha vila coñecida polo seu alto índice de natalidade, dando resposta ás solicitudes veciñais que nos trasladan as asociacións. A cooperación entre entidades será unha constante para este Goberno, como garantía de obter os mellores resultados”.
Gabinete de prensa, 19 de setembro de 2019