A Concellería de Emprego e Formación aposta pola formación e dentro do Plan de Formación do 2012 o próximo día 5 de marzo comenza no Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, o curso “Redes Sociais na Empresa”.
Este curso vai dirixido a autónomos, e no caso de non cubrirse as 15 prazas poderán acceder ó mesmo desempregados.
A inscrición debe realizarse no Rexistro do Concello ata o próximo sábado 25 de febreiro. No caso dos autónomos ademáis da solicitude de participación que lle entregarán no rexistro deberán aportar fotocopia do DNI e último recibo de autónomo; para os desempregados a documentación a aportar será o DNI, tarxeta de desemprego actualizada e tarxeta da Seguridade Social.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área añadiu que toda a información relativa a ofertas de traballo e formación dáselle publicidade periodicamente nos taboleiros e na páxina web do Concello, pretendendo ser ésta última unha ferramenta básica para a consulta de todas estas ofertas.