Xornada de Risoterapia para pechar os Talleres de Memoria deste ano

Unha xornada de Risoterapia serviu para dar o peche a tres meses de Talleres de Recuperación de Memoria, organizados pola Concellería de Benestar do Concello de Salceda.

O acto asistiu ademáis dos 31 participantes dos talleres, a tenente alcalde e concelleira de Benestar Marina Cabaleiro, a cal fixo entrega dun pequeno agasallo e un diploma de asistencia.

Por segundo ano consecutivo, estes talleres foron organizados grazas a colaboración económica da oficina local de “La Caixa” e impartíronse no Centro Social de A Devesa.

O longo dos tres meses de marzo, abril e maio, os participantes realizaron exercicios mentais e físicos, actividades tales como o baile ou as manualidades.

Marina Cabaleiro, “ademáis das actividades desenroladas, cabe suliñar a convivencia social que este tipo de talleres lles proporciona, xa que o obxectivo que se busca é o benestar dos nosos maiores”.