Visita ás obras de rehabilitación do Centro Social A Devesa

No día de hoxe a Concelleira de Ensino, Benestar Social, Sanidade e Voluntariado Ángela Ledo Souto e Alcaldesa Verónica Tourón visitaron as obras de Rehabilitación do Centro Social da Devesa que se iniciaron xa no pasado mes de abril.

Este proxecto de rehabilitación conta cun orzamento de 673.674 euros, dos que a Deputación achega directamente o 80% (538.939 euros) mentres o Concello asume o 20% restante a través do financiamento do Plan Concellos 2022-2023.

Esta actuación supón a remodelación definitiva do espazo urbán do Campo da Feira da Devesa, coa dotación de novos equipamentos sociais representados na remodelación integral do Centro Social de A Devesa construído no ano 1962.

O obxectivo desta reforma integral e dotar ao Centro Social dunha maior eficiencia enerxética e aportar unha maior comodidade, accesibilidade e funcionalidade aos colectivos sociais e asociacións que alí desenvolven as súas actividdades.

Verónica Tourón, Alcaldesa e Concelleira de Urbanismo: “Coa reforma do Centro Social da Devesa Salceda contará cunhas instalacións propias do século XXI que contribuirán á modernización das dotacións municipais para dar servizo á veciñanza que forma parte das asociacións de carácter social do noso concello.

 

 

Gabinete de prensa, 6 de maio de 2022