Os Agoeiros

Situación: parroquia de Santa María de Salceda. No seu entorno destaca unha poza cunha variada flora e fauna. Desde este lugar parten multitude de camiños forestais polos que podemos facer unhas fermosas camiñatas.

Infraestruturas: Mesas e bancos, asadores, fontes, pozo, ponte, aparcamento, zona de xogos, ruta de sendeirismo G.R. 58-3.

Vexetación: Moi variada, destacando entre as árbores silvestres o piñeiro (Pinus pinaster), castiñeiro (Castanea sativa), Carballo (Quercus robur), Sanguiño (Frangula alnus) e Salgueiro (Salix atrocinerea). Entre as árbores ornamentais podemos destacar o falso plátano (Platanus hybrida), a catalpa (Catalpa bignonioides), liquidambar (Liquidambar styraciflua), tila (Tilus cordata) e os negriños (Ulmus glabra).

Fauna:

Aves: verderois, colivermellos, totovías, zorzais, pombas torcaces, páxaros carpinteiros, e ratoeiras.

Réptiles: lagarto ocelado e lagartixa ibérica.

Anfibios: rá verde e sapo común.

Insectos: libélula (Libellula depressa), escaravello acuático (Dytiscus marginalis).

Mamíferos: rato de campo (Apodemus sylvaticus).