O Rubal

Situación: parroquia de A Picoña, detrás do campo de fútbol. O emprazamento sitúase no tramo final (ou inicial se imos en sentido contrario) da senda do río Caselas, poucos metros antes de chegar a estrada asfaltada. Zona visitada con asiduidade polos veciños que cada día saen a pasear ou a practicar deporte pola senda.

Infraestruturas: Varias mesas e bancos, asadeiros e auga potable, un parque infantil, un estanque de auga e unha pontella de madeira que cruza o río Caselas e que forma parte da senda que percorre o Parque Etnográfico. Ao carón da área recreativa atópase o campo de fútbol pertencente á Comunidade de Montes da Picoña.

Vexetación: Na área atópanse especies tales como o Tilo (Tilia cordata), o Plátano (Platanus hispánica), o Choupo (Populus alba), Pradairo (Acer saccharum ou Acer campestre).

Fauna:

Aves: Ferreiriño, pegas, pombas torcaces, ratoeiros, pinzón vulgar, escribáns e bisbiñas.

Réptiles: Lagartixa ibérica, lagarto ocelado.

Anfibios: Rá verde, sapo común.