Espicho do Faro

Situación: parroquia de Entenza. Podemos contemplar unhas fermosas vistas panorámicas do val do Miño no seu último percorrido cara a desembocadura no Océano Atlántico. No parque asoman rochas de formas caprichosas coma o “Penedo da Seta”.

Infraestruturas: Mesas e bancos, asadores, fontes, charca, “recuncho do lector”, zona de xogos, aparcamento.

Vexetación: Moi variada, destacando entre as árbores silvestres algún piñeiro (Pinus pinaster), castiñeiro (Castanea sativa), Bidueiro (Betula alba) e carballo (Quercus robur). Entre as árbores ornamentais podemos destacar cedros do himalaya (Cedrus atlantica), catalpas (Catalpa bignonioides), arce real (Acer platanoides), liquidambar (Liquidambar styraciflua), castiñeiro das indias (Aesculus hippocastanum) e o Ginkgo (Ginkgo biloba), un fósil vivente.

Fauna:

Aves: Resulta doado observar aves como verderois, xilgueiros, colivermellos, totovías, zorzais, pombas torcaces, paxaros carpinteiros, perdices e ratoeiros.

Réptis: lagarto ocelado e lagartixa ibérica.

Anfibios: rá verde e sapo común.

Insectos: libélula (Anax imperator); macaón (Papilio machaon).

Mamíferos: coello.