As Conforcadas

Situación: parroquia de San Xurxo (Vendanova). Chegamos ata esta área seguindo o camiño que leva ó Faro de Budiño seguindo unha baixada á dereita. Desde aquí parten camiños forestais polos que podemos facer unhas fermosas rutas a San Cibrán e ó Faro de Budiño.

Infraestruturas: Mesas e bancos, asadores, fontes, piscina, aparcamento, ruta de sendeirismo G.R. 58-4.

Vexetación: Piñeiro (Pinus pinaster), carballo (Quercus robur), castiñeiro (Castanea sativa), acacia negra (Acacia melanoxylon) e tilos (Tilia cordata).

Fauna:

Aves: verderois, coellos, paxaro carpinteiro, zorzais, pombas torcaces, pinzón vulgar, escribáns e carrizas.

Réptis: lagarto celado, lagartixa ibérica e lagartixa colilonga.

Anfibios: rá verde e salamántiga.

Insectos: cervo voante.

Mamíferos: rato de campo (Apodemus sylvaticus), raposo (Vulpes vulpes).