Salceda volve encherse de pinchos co seu concurso

11 locais de hostalería ofrecerán pinchos a 2,50€ durante dúas fins de semana
Salceda de Caselas, 31 de outubro de 2023.- A veciñanza de Salceda e arredores está convidada ao Concurso de Pinchos, que regresa nunha terceira edición que se desenvolverá os días 3, 4, 10 e 11 de novembro coa participación de 11 establecementos de hostalería do Concello.
O evento, organizado pola Concellaría de Comercio que dirixe Selene González, permitirá que a veciñanza proclame cos seus votos “O Mellor Pincho de Salceda de Caselas 2023”, con galardóns para os dous mellores pinchos. As votacións serán realizadas no mesmo establecemento a través da correspondente tarxeta unha vez degustado o petisco. Cada persoa poderá emitir un único voto, cunha puntuación de 0 a 5.
Os pinchos poderán adquirirse por un prezo fixo de 2,50 euros, podendo degustarse entre as 20:00 e as 23:00 horas (ata esgotar existencias). E tamén as persoas participantes poderán optar a un total de 700€ en vales de compra, que servirán ademáis para apoiar ao comercio local. O Concello conta tamén coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA) para levar a cabo evento.
Os establecementos participantes son os seguintes:
1. Cafetería Altamira: Garavanzos mariñeiros.
2. Bar Caselas: Pincho Caselas, O Espeto.
3. Bodeguilla Z9: PanZeta9.
4. Qué Chocolate: Pincholate.
5. Pub La Parchita: El Parchito.
6. Hamburguesería Lajala: Xenérico.
7. La Maldita: Maldita Gourmet.
8. Cafetería Enjoy: Potaxe.
9. A Calustra: Foliada.
10. Charango Café: Fajita Charango.
11. Arruda Coffee Bar: Tosta Arruda.

A Concelleira de Comercio, Selene González sinalou: “presentamos esta edición do concurso de pinchos como resultado dun traballo feito en coordinación coa hostalería de Salceda, convencidas de que será un éxito”.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Convidamos a toda a nosa veciñanza a gozar co mellor da nosa hostalería. Hoxe toca agradecer o traballo e adicación da concelleira de comercio, Selene González, que sen case experiencia previa conseguiu botar a andar esta iniciativa, sempre da man do sector hostaleiro. Quédannos dúas fin de semana de gastronomía e diversión que estamos seguras de que non vai defraudar.
Gabinete de prensa, 31 de outubro de 2023