Salceda, único concello da zona no que disminúe o desemprego.

A Concellería de Emprego e Formación analizou os últimos datos de desemprego, no que se reflexa unha leve disminución das cifras de paro.

Salceda é o único concello da zona na que as cifras de paro disminúen .

A Concellería aposta por poñer todos os medios posibles a disposición dos desempregados e desempregadas, a pesares de que as competencias nesta área a teñen outras administracións, pero queren incidir en que a Xunta debería mirar aos concellos da mesma forma, “no ano 2012 ao noso Concello non se lle concedeu ningunha Acción Formativa para Desempregados, recibindo unha comunicación fai uns días na que se nos indicaba que o motivo é a falta de crédito orzamentario”.

Marina Cabaleiro, “non é de recibo que nos estemos poñendo todos os esforzos na área que máis preocupa os veciños e veciñas, a proba está nas cifras de desemprego, e que a Xunta lle dea a outros concellos máis de unha AFD, mentres que a nos ningunha por falta de crédito. A administración autonómica ten a obligación de repartir os recursos entre todos de maneira igualitaria, entendemos que hai recurtes, pero estes teñen que ser asumidos por todos os concellos da mesma maneira, non só por algúns”.