Salceda unha vez máis apoiando o deporte

A concellería de deportes do Concello de Salceda e as Escolas Deportivas Municipais, queren convidar a todos os veciños e veciñas e interesados en xeral a I Conferencia Deportiva “Os valores que transmite o deporte”.

Este evento terá lugar o próximo xoves 6 de febrero ás 19:00 horas no Auditorio Municipal. Contará coa presencia de deportistas de referencia como Oscar Pereiro (Gañador do Tour de Francia 2006), Manuel Bermúdez (catro olimpiadas como remeiro), José Prada (Presidente da Federación Galega de Remo), Enrique Sánchez (campión de España de Fútbol Indoor no 2013 e seleccionador galego de Fútbol- Praia) e Manuel Conde (Formador en intelixencia emocional e liderazgo). Ademáis tamén hai que agradecer a colaboración neste evento dalgúns establecementos da vila.

Marina Cabaleiro, responsable da área quere destacacar que “é irrefutable que o deporte sempre foi considerado un medio para conseguir valores de desenvolvemento persoal  e social; superación, autodisciplina, responsabilidade son valores que se poden conseguir a través do deporte e que debemos apoiar dende as administracións e demáis axentes implicados.”

Dende a concellería fixemos unha aposta seria polo deporte, proba é as distintas inversións que se están a levar a cabo neste eido, nalgúns casos con orzamento municipal e noutros coa axuda doutras administracións. O pasado ano, destinouse unha partida orzamentaria á ampliación e mellora dun ximnasio no Pavillón Municipal, convertindo un pequeno espazo nun lugar axeitado para os aparatos de ximnasia, e para diferentes actividades deportivas.

Ademáis, xa comenzaron as obras das pistas multideporte que se ubicarán na parte traseira do Pavillón Municipal.  Estarán totalmente equipadas para baloncesto, balonmán, tenis… e darán acollida a maioría dos clubes deportivos do noso Concello. Concentraremos así nesta área boa parte das actividades deportivas, xunto co Campo de Fútbol do Penedo Redondo e o da Gándara.

Xa se está a traballar tamén en outras iniciativas máis novedosas, como o proxecto do circuito de BMX que albergará o espazo exterior do CDL O Torrón. Proxecto este último no que a Tenente Alcalde quere suliñar non só o carácter deportivo desta inversión, senón a recuperación dun espazo semiabandoado para proporcionar á xuventude espazos onde practicar o seu deporte como parte de desenvolvemento persoal e de vida saudable”