Salceda solicita os programas da Xunta de Galicia e Deputación para xerar emprego

Xornada empleo

A concellería de emprego solicita diferentes postos de traballo a través do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación, Plan de Cooperación da Xunta de Galicia e da orde de contratación de perceptores de RISGA.

En total o concello solicitará 28 persoas a través dos tres plans: 5 postos corresponden a orde de contratación de perceptores de RISGA, 10 persoas a través do Plan de Cooperación da Xunta de Galicia e 13 postos co Plan Provincial da Deputación.

Dende a concellería, Marina Cabaleiro quere lembrar que o pasado ano a Xunta rexeitou a solicitude de 5 traballadores a través da orde de perceptores de RISGA, dándolle ós concellos limítrofes un número moito máis elevado e deixando a concellos como Salceda sen ningún. Por outra banda, do persoal solicitado a través do Plan de Cooperación só se lle concederon o noso concello 3 monitores – socorristas, ós cales tivemos que renunciar porque a resolución chegou no mes de outubro despois do peche das piscinas municipais. A concelleira de emprego tamén quere subliñar que no 2014 tivemos que rexeitar darlle traballo a 12 persoas a través do Plan da Deputación por a lei que o goberno central impuxo ós concellos para manter o límite da masa salarial, xa que os traballadores que veñen polo Plan da Deputación traen subvencionado un salario que non chega o mínimo do convenio polo que o concello ten que pagar a diferenza. Sinalar de que a lei non permite tampouco duplicar os mesmos postos se se trata de un gasto salarial que teña que asumir o concello, xa que a subvención que nos da a Deputación non é suficiente. Polo tanto, a renuncia as prazas foi motivada polos informes desfavorables que o secretario e a interventora fixeron á solicitude en base as leis impostas polo goberno central.

A tenente alcalde socialista Marina Cabaleiro, tamén lle quere recordar ó portavoz do Partido Popular que se tanto lle preocupan os veciños e veciñas de Salceda podería preocuparse de que a Xunta de Galicia se acorde de nos cando se lle solicitan AFD(Accións Formativas para Desempregados), xa que no ano 2014 concellos como O Porriño, Ponteareas ou Mos concedéronlle máis de un, rexeitando todas as solicitudes do Concello de Salceda. Tendo, como todos sabemos unha poboación moi preocupada pola formación, e a cal é asumida integramente con orzamento municipal.

Por suposto, dende o concello o que se pretende e poder darlle emprego ós cidadáns, nunca se rexeitarían prazas dentro da legalidade, pero o portavoz do Partido Popular non pode pretender que no las saltemos, ignorando os informes dos técnicos municipais. Resaltar tamén que os concellos temos totalmente prohibido facer contratacións, pero si a obrigatoriedade de manter os servizos os cidadáns, normativa esta imposta polo goberno central e só se puido crear un posto de traballo para substituír un empregado que se acababa de xubilar, por ser un condutor e non se pode substituír por un peón de obras.