A corporación municipal de Salceda de Caselas aprobou por unanimidade onte na sesión do pleno ordinario o proxecto da Rehabilitación da vivenda municipal en Fontán para destinala ao uso de aluguer social.
Este proxecto desenvolvido e impulsado dende a Concellería de Benestar Social e dende alcaldía ten como finalidade cumprir con dous obxectivos fundamentais, rehabilitar os inmobles de titularidade municipal, poñéndoos en valor e ao mesmo tempo destinalos para un uso social.
A rehabilitación da casa de Fontán será de carácter integral coa finalidade de cumprir con todos os requisitos de habitabilidade, acesibilidade e eficiencia enerxética para dotar a vivenda da maior calidade habitacional.
O orzamento de reforma integral da vivenda ascenderá a 80.565,71 euros(IVE incluído), dos cales a Xunta de Galicia aportará 40.000 euros e o concello 40.565,71 euros.
A execución das obras se realizará durante os anos 2022 e 2023 de forma bianual, tal e como marca a orde de subvención que financia parcialmente esta actuación.
Ángela Ledo Souto concelleira de Benestar Social: “hoxe é un día moi importante para o noso concello porque coa aprobación deste proxecto, poderemos garantir unha mínima oferta de aluguer social que con anterioridade non estaba dispoñible e que contamos poder seguir ampliando no futuro”.
Verónica Tourón alcaldesa: “Este é un exemplo claro do compromiso social do noso goberno para coa cidadanía de Salceda, compromiso que continuamos mantendo e que queremos ampliar durante todo o noso mandato. Ademais de aproveitar os recursos, rehabilitando instalacións municipais para poñelas ao servizo da veciñanza”.
Gabinete de prensa, 26 de agosto de 2022.